Concerto didáctico

Felipe Barata

A Escola Municipal Mancomunada dos Concellos des Rábade, Begonte, Outeiro e Friol deron un concerto didáctico no noso colexio, no que supón unha das primeiras actividades complementarias do presente curso escolar. No mesmo, os profesores da citada escola, fixeron unha demostración de cada un dos instrumentos que se poden escoller para a súa formación musical e que forman parte dunha banda de música, como os de corda, os de tecla, os tradicionais e tamén o canto. Tamén se fixo unha representación da combinación de música e teatro a través dos “monicreques musicais”.