3ª Xornada Control de Marcas. Lugo

Felipe Barata

O pasado domingo 16 de maio disputouse a III Xornada de Control de Marcas, na cal estiveron presentes case 30 atletas do noso club, que estiveron desfrutando unha vez máis da competición nun ano na que a merma das mesmas por mor da pandemia foi moi notoria.

Comenzaba a xornada coa participación de Martín Díaz na proba de salto de lonxitude sub 12, na que cadaba a quinta posición. Sofía López era terceira na distancia dos 500 metros lisos sub 12, mentres que a súa compañeira Sara Platas quedaba na cuarta posición na súa serie da mesma distancia. Martín Díaz gañaba a súa serie dos 60 metros lisos, para marcar o cuarto posto no global de todas as series. Anxo Moreno era cuarto na súa serie, e Roi Andón e Alán García quedaban na quinta e sexta posición, respectivamente na súa. Polo que respecta as nenas da mesma categoría, Grace Gainsford marcaba o sexto mellor tempo entre todas as series e Sara Platas gañaba a súa serie, mentras que Alba Menán e Rebeca Vázquez eran terceiras nas súas. Xa no lanzamento de pelota sub 12, quinto e sétimo posto respectivamente para Alán García e Anxo Moreno, mentres que no apartado feminino, Alba Menán e Rebeca Vázquez conquerían a quinta e sexta posición respectivamente . Por último, Grace Gainsford cerraba a actuación dos membros desta categoría coa novena posición neste concurso de lanzamento de pelota.

Polo que respecta á categoría sub 14, Manuel Folgueira quedaba no oitavo posto no concurso do lanzamento de peso e Antía Iglesia era cuarta no mesmo lanzamento. Mateo Villar e Ramón Loureiro eran segundo e terceiro respectivamente nos 2000 metros lisos. Na proba de velocidade, nos 80 metros lisos, Ramón Loureiro era sexto no computo xeral de todas as series, mentras que Mateo Villar e Samuel Villar eran primeiro e segundo nas súas series e Lucas Castiñeira facíase coa cuarta posición. Nos 150 metros lisos, Iván Neira era terceiro na súa serie, Mateo Sánchez quinto na súa, Lucas Castiñeira, sexto na súa e Samuel Villar, sétimo na súa. Na disciplina dos 80 metros lisos, Mateo Sánchez e Iván Neira conquerían a sétima e oitava posición respectivamente. Na distancia dos 80 metros lisos, Oihane Gómez gañaba a súa serie e facía o cuarto mellor tempo no global de todas as series. Mara Montes era terceira na súa, Noa Mouriz, cuarta na súa, Ariadna Paz, terceira na súa, Uxía Platero quinta na súa, Antía Iglesias era sexta, Andrea Vázquez quedaba sétima na súa, Lucía Espiñeira cuarta na súa e por último, Noelia Sánchez sétima na súa. Na distancia dos 150 metros lisos, Lucía Espiñeira e Andrea Vázquez eran cuarta e oitava na súa serie, Uxía Platero, terceira na súa e Noelia Sánchez, oitava na súa serie clasificatoria. Por último, na distancia dos 80 metros valos, Oihane Gómez gañaba a súa serie e quedaba na terceira posición no global de todas as series, mentres que Mara Montes era segunda na súa, Noa Mouriz entraba na terceira posición na súa serie e Ariadna Paz tamén era cuarta na súa serie.