2ª Xornada Copa Deputación de Lugo

Felipe Barata

A segunda xornada da Copa Deputación de atletismo para o presente ano disputouse o pasado 6 de marzo e tivo como nota característica o debut competitivo dos nenos e nenas da categoría sub 14, que despois dun ano sen competir a causa da pandemia mundial do Covid-19, tiveron a oportunidade de volver a desfrutar do seu deporte a nivel oficial.

Un total de 11 atletas desta categoría estiveron presentes neste evento, no cal a máis destacada sería Noa Mouriz, que lograba a terceira posición no concurso de salto de lonxitude cun mellor salto de 4.00 metros. Polo que respecta á proba dos 1.000 metros lisos, Oihane Gómez conquería a cuarta posición, mentres que as súas compañeiras de equipo, Mara Montes e Ariadna Paz, entraban na décimo cuarta e décimo sexta posición respectivamente. Por último, Uxia Platero facíase coa décimo novena posición nesta mesma carreira.

En canto ós nenos, Mateo Villar facíase co sétimo posto na proba dos 1.000 metros lisos, mentres que Ramón Loureiro era undécimo e Samuel Villar, décimo cuarto. Na proba do salto de lonxitude, Mateo Sánchez era décimo oitavo e Paulo Maneiro, vixésimo sexto. Por último, no lanzamento de peso da categoría sub 16, Ánxela Maneiro era quinta.

Tamén competiron os atletas da categoría absoluta, tendo uns resultados moi bos, xa que Cristian Montecelo gañaba a proba dos 1.500 metros lisos cun tempo final de 4.16 minutos, mentres que María Carballido tamén se impoñía na proba dos 1.500 metros lisos cun crono de 4.58 minutos. Nerea Lage facíase coa terceira posición na mesma proba. O profesor Nemesio Gutiérrez era quinto na súa serie dos 1.500 metros lisos.