Taller de Matemáticas

A oca dos números enteiros

Empregamos un taboleiro tradicional da oca para xogar usando números enteiros. Tiñamos un dado normal e outro cos signos de suma e resta. Coa tirada tíñase que avanzar ou retroceder segundo o que tocase.

Números positivos e negativos

Usamos os espazos do centro para traballar as matemáticas. Nesta ocasión usamos a escaleiras do centro para traballar os números positivos e negativos. Tiñamos tres montóns de cartas no descanso das escaleiras e debíamos escoller unha de cada montón, despois debíamos resolver a operación e ir ao chanzo que se correspondese co resultado da operación.

Perímetro e área

Nunha cuadrícula creamos distintas figuras cunha única premisa, que tivesen como área 24 unidades cadradas. Deste xeito, ao ver o resultado final podemos observar as distintas formas e perímetros de cada unha das figuras.

 

Magnitudes

Axudámonos dunha táboa de magnitudes para:

- Convertir medidas.

- Pasar de complexo a incomplexo.

-Resolver exercicios.

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión