Abril 2019

Créditos iniciais e finais da curtametraxe.

Retoques finais, estamos inmersos na elaboracion dos créditos iniciais e finais da nosa curtametraxe Maruxa. Clica na imaxe unha pequena mostra.

Gravamos o son.

Nestes momentos estamos a gravar as voces dos personaxes da curtametraxe de Maruxa e Pepiño.

1,2,3, ... acción!

Iniciamos a gravación da curtametraxe co programa Monkey Jam, foto a foto e con moita paciencia. Establecemos diferentes papeis para cada neno e nena: os que movían os elementos da película (can, fume, bolboretas, Pepiño, Maruxa,...) e o editor e produtor da curta.

Ensaiamos as voces de Maruxa e Pepiño

Ensaiamos as voces dos personaxes da nosa curtametraxe, Maruxa e Pepiño. Clica na imaxe.

Maruxa: Nós tamén creamos!

Continuamos cos decorados da nosa curtametraxe.

Maruxa: curtametraxe con stop motion.

As aulas de 4º e 6º de Educación Infantil están elaborando un proxecto, a elaboración dunha curtametraxe de animación en galego baseada na obra de Maruxa da escritora Eva Mejuto, editorial OQO, ao abeiro do programa de dinamización lingüística, Nós tamén creamos!

Comezamos cos decorados.

Escornabots.

Seguimos xogando cos Escornabots, na primeira foto o xogo das Carreiras e na segunda foto o xogo das Cores.

Ipad xiratorio.

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil levan dous anos con actividades en cooperativo, como xa coñecen a estrutura de Folio Xiratorio, a levamos a cabo pero cos Ipads.

 

Ipad xiratorio.

Reto.

O alumnado de Infantil B fixeron fronte a este reto: entre todos formar o percorrido que vemos na imaxe da tarxeta 1 e logo xogar, cunha consigna clara, todos tiña que participar, chegar a conclusións consensuadas.

A primeria ver que fixeron o RETO foi xenial, case sen discursións entre eles, coas ideas claras. A segunda moito mellor.

Robótica: Escornabots e Blue Mouse.

O alumnado de Infantil B, todo o primeiro trimestre e parte do segundo estamos traballando nun obradoiro de robótica, de unha sesión á semana (sábelles a pouco). Antes de iniciar as actividades programadas, realiamos diferentes xogos simulando que éramos robots, un compañeiro/a o era e nós o programador, cunha chuvia de ideas establecimos que entendemos por robots, robótica. Presentei dous modelos diferentes o Escornabots, que ten actividades enfocadas a lectroescritura, matemática, lóxica... e Blue Mouse está máis enfocado a programar un percorrido e facelo.

Igualdade, Convivencia e Inclusión