CP-INCLÚE

PROCESO DE REALIZACIÓN DO MURAL DE HIPATIA DE ALEXANDRÍA. 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hipatia de Alexandría (século V) escribiu sobre xeometría, álxebra y astronomía. Mellorou e construiu instrumentos astronómicos coma o astrolabio o o planisferio. Ademais, foi unha mestra neoplatónica brillante y tolerante coas diversas relixións dos seus alumnos. Foi brutalmente asasinada por fanáticos relixiosos.

CHARLA DE DIACONÍA

“Para que exista interculturalidad debe haber espacios donde poder escuchar, responder, preguntar, ser preguntado, debatir, convivir…”

PROGRAMA EMOCIONA-T

EMOCIÓNA-T

Trátase dunha actuación necesaria, e máis nestes tempos de pandemia, para poñer en valor a importancia e repercusión das aprendizaxes non cognitivas (emocionais) para o benestar e o progreso social, coa vontade de optimizar a calidade educativa como un sinal permanente nos contextos escolares.

5.1. Descrición da actuación

Desenvolveranse accións para a mellora da competencia socioemocional de toda a comunidade educativa, que redunde no benestar emocional persoal e social e na súa calidade de vida, así como  o desenvolvemento de estratexias que favorezan o aumento da autoestima, a empatía e a resiliencia, a mellora das habilidades comunicativas, o incremento do autocontrol emocional, a superación, a identificación das emocións dos demais e o coñecemento das propias.

5.2. Obxectivos

a) Adquirir e desenvolver competencias emocionais (conciencia emocional, autonomía emocional, regulación das emocións propias e alleas...), en toda a comunidade educativa, entendidas como competencias básicas para a vida.

b) Avanzar cara unha educación emocional concibida como un eixe transversal.

c) Potenciar o deseño e implementación de programas de intervención para a adquisición e desenvolvemento de competencias emocionais.

d) Implicar o profesorado na formación da educación emocional.

e) Mellorar o rendemento académico do alumnado a través da contribución das habilidades emocionais.

Distribuir contenido