Dinamización da Lingua Galega

EXPOSICIÓN DE OBXECTOS ANTIGOS

 

 

Xa está aberta ao público a exposición de obxectos antigos que aportastes as familias do alumnado e profesorado do CPI. Podedes visitala na entrada do edificio de infantil e primaria.

 

Cada obxecto está acompañado dunha pequena ficha descritiva na que tamén figura un código QR. Podedes ver os vídeos explicativos de cada obxecto dende o móbil, empregando calquera aplicación que  permita ler códigos QR como por exemplo “QR Code Reader”.

 

 

Código QR

 

 Agradecemos moito a vosa colaboración, sen a que sería imposible preparar esta exposición.

 

 

DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE EI

Fai uns días celebramos o día de Rosalía, e esta data para nosoutros é moi importante. Estivemos traballando en moitas actividades que empezamos a amosarvos enseguida. Algunhas ainda as estamos rematando pero próximamente as ensinamos.

Neste vídeo fixemos o xardín de Rosalía. A primeira tarefa foi debuxar un xardín cheíño de flores para despois poñer a silueta de Rosalía enriba.  Seguro que se o vira Rosalía íballe encantar. E a segunda actividade foi a participación nun mural grupal de todo o centro ó estilo Andy Warhol.

BUSCANDO A DRAGAL

O 31 de maio os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO participaron xunto con rapazas e rapaces doutros 5 centros galegos nun encontro no Pico Sacro en Boqueixón onde desenvolveron un xogo de rol para buscar ao último dragón galego “DRAGAL”.Esta representación está baseada no libro do mesmo nome de Elena Gallego e pretende, ademáis de fomentar a lectura en galego, achegar ao alumnado á historia, a arte, á toponimia e á cultura galega en xeral a través do teatro, dos xogos de rol e do traballo en equipo.

Nesta 4ª edición desenvolvéronse dous concursos un de finais alternativos para o final aberto da novela e outro de viñetas sobre un capítulo da mesma, neste último resultou gañadora Helena Silva de 2º de ESO.

PREME AQUÍ OU NO ARQUIVO ADXUNTO PARA VER A VIÑETA DE HELENA.

SEMENTEIRA 2013

sementeira 13

Esta é a nosa revista. podes conseguila pinchando no enlace. É un arquivo moi pesado polo que pode tardar un tempo en descargarse.

DESCARGAR REVISTA

Distribuir contenido