ON THE PHONE

O alumnado de 3º de primaria realizou unha serie de actividades dentro do proxecto "On the phone". O obxectivo era chegar a manter unha conversa cun compañeiro oara convidalo a ir a algún sitio.

O proceso foi o seguinte:

- Elaborar o teléfono seguindo as instrucións da auxiliar de conversa.

- Elaborar a lista dos números de teléfono dos compañeiros (Telephone Directory) preguntando a cada un e anotando na táboa.

- Practicar unha conversa sinxela oralmente marcando oralmente antes o número da persoa á que se quere chamar.

- Utilizar a conversa escrita para practicar lectura e as estruturas traballadas.

O alumnado implicouse moito nesta actividade, chegando incluso a improvisar con eficacia partes da conversa. Escoitáronse comentarios como: "Este parece o teléfono de miña avoa!” Pero a pregunta que xurdía sempre era... "Cando podemos levar o teléfono para a casa?"