6º DE PRIMARIA NA DIGITAL WEEK

Alumnado de sexto de primaria, acompañados da nosa mestra de inglés, participamos na actividade de inmersión lingïstica Digital Week no centro de Os Peares. Ademais do noso centro participaron outras nove escolas de Panxón, Dozón, Rubiá, Meaño, Mugardos, Portomarín, A Rúa e Laxe. Alí coñecemos moitas persoas de outras culturas e alumnado da nosa comunidade. 

Todas a formación dixital era en inglés así como a relación cos monitores. 

Ademais das clases tivemos actividades máis lúdicas como unha camiñata, disco night, cassino, fashion parade, egg dropping, etc.

Aínda que ás veces tiñamos morriña da casa, en xeral pasámolo moi ben xuntos.

Proximamente engadiremos máis información sobre esta experiencia tan enriquecedora.

 
AdjuntoTamaño
IMG20231013144645.jpg3.13 MB