CELESTE, O NOSO ESPANTALLO

As nenas e nenos de 3 e 5 anos estiveron estes días pensando, escollendo e escribindo nome para o espantallo da horta do cole: 

 

Cada un/unha pensou un nome que escribiu nun papeliño. Metemos todos os papeis nunha caixa e unha das súas mans inocentes sacou o definitivo. 

 

Decidimos entre todos escribilo sobre algún material de refugallo axeitado, que houbese polo cole (foron os tapóns de plástico que se recollen para reciclar). 

 

 

Finalmente con eses tapóns fixemos un colar que lle fomos colocar hoxe a Celeste, o noso espantallo.