MARLENE HORNA NO CPI PLURILINGÜE DE CASTROVERDE

O 9 de decembro de 2020 o profesorado recibiu formación para as especificidades e necesidades educativas do alumnado TEA. Tamén se tratou a educación inclusiva para todo tipo de alumnado con diversidade funcional.  Agradecemos a Marlene Horna a proximidade e calidade da súa exposición. Esta formación organizouse dentro do Seminario Permanente de Atención á Diversidade coordinado pola profesora Alicia Rivas Braña.