AGASALLOS DOS PADRIÑOS DE SEXTO DE PRIMARIA AOS AFILLADOS DE 5º DE E.I.

Ola afillados e afilladas de 5º de Infantil ‼️ 

Os vosos padriños e madriñas de 6º de Primaria quixeron facervos dous agasallos: 

O primeiro será un vídeo-conto da historia da “Cocorico” interpretado polo propio alumnado. 

E o segundo será un vídeo duns debuxos con dedicatoria personalizada para cada afillado e afillada. 

Esperamos que vos gusten e que pasedes un ratiño divertido con este apadriñamento virtual. 

Unha aperta, 

Alumnado de 6º