Covid-19. ACTIVIDADE ARTÍSTICA PARA OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL.

ACTIVIDADE 2

 

TEMA:

 “O MEU ÁLBUM FAMILIAR”

 

Esta actividade está en proceso de elaboración. Nesta semana iremos propoñendo máis exercicios para desenvolver na casa coa vosa familia.

 

exercicio 1

 

Busca o álbum familiar e fáille unhas fotos por fora. Pode ser coma un libro, ou unha caixa, quen sabe?. O estilo das fotos sería coma se quixeses vendelo  en internet. Imaxes dende o frente, de lado, se ten detalles chamativos, ou está vello de tanto usarse, anota tamén número de páxinas ou de fotos, tamaño, se son a cor ou blanco e negro, etc. Se o álbum non está na túa casa, pregunta onde está e píde que lle fagan as fotos. Apunta todos estos datos e manda todo ao meu enderezo electrónico: onavallo@hotmail.com

NOTA: As fotos pódense facer co móbil, non se trata de que teñan alta resolución nin un valor artístico pero é importante que se vexa o que fotografías. Eso irémolo falando ao longo da actividade.

 

exercicio 2

 

Investiga e envía as respostas das seguintes cuestións:

 

 

  1. Quen empezou o álbum?

  2. Quen se encarga de engadir fotos novas?

  3. Quen o ensina?

 ACTIVIDADE 1

 
TEMA: Reflexión, punto de vista, experiencia personal da situación extraordinaria provocada pola pandemia vírica. 

BASES: Pódense presentar obras de carácter artístico ou documental en forma de, debuxo, pintura, fotografía, vídeo, etc. sempre acompañados dun texto que pode ser poético, literario, científico ou documental. 

OBXECTIVO: Publicación dun libro dixital (na medida do posible tamén un exemplar físico para cada participante) con todos os traballos seleccionados que sirva como reflexión colectiva e memoria dunha situación excepcional. 

CONVOCA: Departamento de Educación Plástica e Audiovisual do CPIP de Castroverde. 

MÁIS INFORMACIÓN: onavallo@hotmail.com

NOTA: Actividade ABERTA A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR.
 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES