INTERCAMBIO CON CASTRO VERDE DE PORTUGAL

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria estamos mantendo este curso un intercambio con alumnado de Castro Verde de Portugal (Centro Escolar nº 2). Enviamos a Castro Verde materiais relacionados co noso centro, o noso entorno e o coidado do mesmo, elaborados por nós. Ao mesmo tempo desfrutamos dos traballos que nos envían as alumnas e alumnos de Portugal. Está sendo unha experiencia moi positiva, estamos traballando con entusiasmo e aprendendo do que facemos e do que recibimos. Aquí mostramos algunhas das actividades.
AdjuntoTamaño
portugal.jpg363.82 KB