O novo bacharelato 2008

As novas ensinanzas do Bacharelato comezarán a impartirse o vindeiro ano académico 2008/09 para o primeiro curso e no 2009/10 para o segundo. Estas ensinanzas están marcadas pola Lei Orgánica de Educación e reguladas polo Real Decreto de 2/11/2007


Novidades

 

  • Agrupación das ensinanzas en tres modalidades
  • Novas asignaturas obrigatorias
  • Cambios no sistema de repetición e promoción de curso
  • Ampliación de horarios

O currículo, ó igual que agora, estará composto por asignaturas comúns obrigatorias, asignaturas de cada modalidade e asignaturas optativas, según as que cada estudiante configura o séu itinerario educativo para acadar unha preparación especializada acorde coas súas perspectivas e intereses.


Asignaturas comúns 

Respecto ás materias comúns obrigatorias, a principal novidade é a introducción de unha nova asignatura denominada Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Esta materia afondará en temas como a orixe do universo ou o cambio climático.

Outro dos cambios nas materias comúns afecta ás actuais asignaturas de Filosofía I e Filosofía II, que serán substituidas por Historia da Filosofía e Filosofía e Cidadanía. Esta última configurase con un dobre plantexamento: por un lado, pretende ser unha introducción á filosofía e á reflexión filosófica, e por outro, pretende retomar o que é a cidadanía e reflexionar sobre o súa fundamentación filosófica.

O resto de asignaturas comúns manténse como na actualidade: Educación Física, Lingua Castelá e Literatura I e II, Lingua Galega e Literatura I e II, Lingua Estranxeira I e II, Relixión (só para @s alumn@s que desexen cursala).


Modalidades 

Ata agora, @s alumn@s podían optar por catro modalidades ("Artes", "Ciencias da Natureza", "Humanidades e Ciencias Sociais" e "Tecnoloxía") pero o vindeiro curso reduciranse a tres: "Ciencias e Tecnoloxía", "Artes" e "Humanidades e Ciencias Sociais"

Cada alumno, deberá cursar nos dous cursos polo menos seis materias de modalidade, pero coa novidade de que unha de elas pode corresponder a unha modalidade diferente á elexida. Asi mesmo, posibilitase que o alumnado que o desexe poida reforzar a modalidade elexida cursando como materia optativa unha séptima materia da mesma modalidade.

Modalidade de Artes

Artes organizarase en dúas vías, por un lado "Artes plásticas, deseño e imaxen" e por outro "Artes escénicas, música e danza". a primeira de elas é semellante á actual modalidade de Artes, coa única diferencia que entre as asignaturas de modalidade se substitúe a de Imaxen por Cultura Audiovisual. Sin embargo, a vía de "Artes escénicas, música e danza" representa unha novidade no Bacharelato, xa que incorpora unha opción educativa, ata agora ausente no noso sistema, coa que se facilitará a compatibilidade do bacharelato coas ensinanzas profesionais de música a través da convalidación de materias. Análisis musical, Historia da música e a danza ou Linguaxe e práctica musical son algunhas das asignaturas de modalidade que incorpora esta nova vía, que, ademais de nos Institutos, poderase impartir nos Conservatorios.

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

Unifícanse as actuais modalidades de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, de tal modo que se ofrece @s alumn@s unha variedade mais amplia de materias para que poidan orientar seus estudios, ben cara a un título universitario, ou ben á Formación Profesional de Grado Superior de algunha familia tecnolóxica. As asignaturas de modalidade manteñense iguais, coa excepción da desaparición da materia Mecánica, actualmente ofertada no 2º curso da modalidade de Tecnoloxía. 

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Manténse como na actual modalidade con dous únicos cambios, por unha parte desaparece a asignatura de Historia da Música e por outra a materia de Economía e Organización de Empresas pasará a denominarse Economía da Empresa.


Sistemas de promoción e repetición 

O sistema de promoción de 1º a 2º curso de Bacharelato manténse como o actual, de tal xeito que só promocionarán ó segundo curso @s alumn@s que teñan superado todas as materias cursadas ou teñan como máximo dúas asignaturas suspensas. A novidade que introduce o Real Decreto é para aqueles que repitan con tres o catro asignaturas, xa que estes alumnos poderán optar por repetir curso na súa totalidade ou por matricularse das materias de primero suspensas e completar a matrícula con dúas ou tres materias de segundo curso. Para que o alumnado se acolla a este réximen singular de escolarización deberá contar coa autorización dos seus pais ou titores.

Por outra parte, no que se refire ós alumnos de 2º curso de Bacharelato, o Real Decreto establece que os que ó rematar ocurso tiveran evaluación negativa en algunhas materias só se matricularan de éstas, mentras que na actualidade os que suspenden catro ou mais asignaturas deben repetir o curso na súa totalidade.


Horarios

@s alumn@s que se incorporen ó novo Bacharelato verán incrementados os horarios correspondentes ós contenidos básicos das ensinanzas mínimas, é decir, os referidos ás asignaturas comúns obrigatorias e ás de modalidade. Por unha parte, pola introducción da nova asignatura de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, á que corresponden 70 horas de ensinanza, e por outra, pola ampliación do horario destinado ás asignaturas de modalidade, que pasarán das 450 horas actuais a 540, con 90 horas adicadas a cada unha das materias.