UTILIDADE DA NEUROCIENCIA EN EDUCACIÓN

 

 

José María Delgado García que é Catedrático de Fisioloxía da Facultade de Ciencias Experimentais da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla  e Director da División de Neurociencias desta mesma Universidade realizou unha sesión de formación sobre neurociencia e educación  no CPI de Castroverde.  Realizouse na tarde do venres  31 de xaneiro e asistiron tanto docentes como nais e alumnas. 
O profesor Delgado García explicou maxistralmente o que actualemente se coñece sobre o cerebro, a aprendizaxe e a memoria, achegando os últimos descubrimentos en Neurociencia á Comunidade Educativa. A súa intervención serviu para aclarar os numerosos NEUROMITOS ou ocorrencias que se difunden  actualmente  e que carecen  totalmente de base científica  e só son produto da imaxinación de determinadas persoas.
A súa contribución máis importante no ámbito das neurociencias é a serie de estudios sobre aprendizaxe e memoria, cunha liña experimental  que é orixinal do seu laboratorio e foi recoñecida  pola revista Science como un dos dez descubrimentos máis importantes do ano 2006.  O CPI de Castroverde quere manifestalle ó profesor Delgado García o  seu agradecemento por esta actividade  na que  nos explicou con gran claridade os últimos descubrimentos científicos sobre o cerebro.

Achégase un VÍDEO dun momento da súa intervención