Contamos contigo

Alberto. O responsable das actividades extraescolares do colexio.

Falamos con Alberto Castro profesor de judo no colexio, ademais tamén da clases no club AD Judo Ferrolterra. Ademais é quinto dan e seleccionador galego. É un excelente profesor de judo, e moitos dos seus alumnos chegaron moi lonxe no ámbito do judo.

 

1- Como comezaches a practicar judo? Por que?

Comecei cando ía ó colexio, déronme un folleto coas actividades extraescolares e como a min gustábame o da loita apunteime e xa vedes onde estou.

 

2- En que club comezaches a practicar judo?

Comecei no Colexio Público San Juan de Filgueira, co Judo Club Ferrol.

 

3- Segues adestrando?

Non, aínda que si que me gustaría seguir adestrando.

 

4- Porque deixaches de adestrar(pola idade ou outra razón)?

Pois a verdade e que deixei de adestrar porque ó dar clases e ter traballo non podo compaxinalo todo e primeiro é o traballo.

 

5- Canto tempo levas practicando judo?

Levo dende os 8 anos, e dicir 31 anos.

 

6- Canto tempo levas de Seleccionador Galego de judo?

Coa Selección levo arredor de 15 anos.

 

7- Cal é o combate que mellor recordas da túa vida competindo?

A semifinal dun torneo en Francia.

 

8- Cal é o combate que mellor recordas dalgún alumno teu?

Un provincial en Cambre da miña alumna Sofía A. P

 

9- Dende o teu punto de vista cres que está ven facer deporte e comer saudable?

Dende o meu punto de vista si que é bo e saudable, pero outra cousa é que o faga. (risas)

 

10- Recomendaríaslle os rapaces e rapazas do colexio que practicasen este deporte?

Si, porque é un deporte que todo o mundo debería de probar aínda que non seguise, que por probar nada se perde.

 

11- Dende que anos adestras rapaces?

Eu levo adestrando rapaces dende os 17 anos, e dicir dende que conseguín o cinto negro.

 

12- De que anos son os rapaces ós que adestras?

Eu adestro rapaces a a partir de 3 anos, pero despois seguen durante toda a súa vida ata que eles vexan que non poden continuar, pola razón que sexa.

 

E por último:

 

13- Gustaríache practicar algún outro deporte? Cal?

A verdade e que si que me gustaría practicar tamén outro deporte que me gusta moito e é o Padel.

 

 

Alberto, pois moitas grazas por atendernos estos minutiños. E que teñas moita sorte.

   J. Francisco. Pita

Entrevista a Claudia Paz, xogadora de fútbol sala.

Claudia Paz Vargas é unha rapaza de 16 anos (estudante de 4ºE.S.O.), que xoga ao fútbol sala, neste blog ensinarémoste unha entrevista dela. Aquí ela da a demostrar que é bo facer deporte no teu ``tempo libre´´.

Aquí temos un exemplo de que facer deporte é o máis san que hai para manterse en forma.

Entrevista a Claudia: 

1.-Canto tempo levas xogando ó fútbol sala?

Aproximadamente dende o ano 2007. En outras contas 7 anos.

2.-En que posición xogas?

Habitualmente xogo de pívot, e dicir, de dianteira.

3.-Que número levas, e porque o levas?

Levo o numero 9, porque téñolle moito cariño, foi o primeiro número que levei nunha camiseta, e agora encántame ese número

4.-Es boa xogando?

Eu creo que simplemente xogo  , non me creo nin  mellor nin  peor.

5.-Que e quen che motivou a xogar ao fútbol sala?

 Xeralmente ninguén, pero vía o fútbol na televisión  e gustábame. Chamábanme a atención Ronaldhino ,  Frank Lampard.... E  parecíanme un exemplo a seguir.

6.-Como te levas coas túas  compañeiras?

Perfectamente. O paso moi ben con elas, son moi alegres e sempre animan os demais.

7.-Por que elixiches o fútbol sala, e non o fútbol campo? 

En principio íame  apuntar a fútbol campo, pero un compañeiro  de clase díxome que apuntarame con el a fútbol sala é accedín.

8.-En que posición está tu equipo?

Eeeeh... Agora imos 10º, en 2ª división nacional.

9.-Pareceche arriscado practicar este deporte?

Todos os deportes teñen algo de risco, pero non é para tanto

10.-Quen paréceche a mellor xogadora do teu equipo?

Todas, somos un equipo.

11.-Como se chama o teu equipo?

Comarcal A Fervenza FSF , é un equipo de Ferrol

12.-Canto tempo adestras? Como son os adestramentos?

Adestro 3 dias a  semana, de 2 horas cada un. A metade dun adestramento constitúese nunha parte física e a outra metade táctica.

13.-Canto tempo levas xogando neste equipo? Xógaste en máis equipos?

Levo xogando 3 anos. O primeiro ano xoguei  na liga provincial. E levo 2 anos xogando a nivel nacional.

Xoguei  aquí en Miño nun equipo de rapaces.

14.-Afectache  ao horario escolar ou a túa vida cotiá este deporte?

Moitísimo. Moitas veces se teño que estudar o quero quedar cos meus amigos, teño que deixalo para ir adestrar ou xogar.

15.-Gustanche outros deportes? Como cales?

Eu considérome mais ben deportista que futbolista. Gústanme as motos, o baloncesto, o voley praia, o atletismo e en xeral os deportes extremos.

16.-Sabemos que fuches ao campionato de España. Que tal foi a experiencia?

Foi unha semana extraordinaria, aprendín e coñecín a moita xente. Quedamos terceiras de España.

17.-Como te sentes cando o practicas?

Cando  xogo esquézome de todo, so penso no balón e en gozar o máximo posible.

 18.-Pensas seguir xogando ao fútbol sala moito máis tempo?

O que me permitan os estudos, esta claro que se poido seguirei xogando moito mais tempo

19.-Que comes para estar en forma?

Ufff... A verdade é que non son un exemplo para iso da  comida, como moitas larpeiradas, pero as calorías gástoas xogando ou adestrando.

20.-Cres que o deporte femenino debe estar máis valorado?

Si, por suposto que si. Parece que o deporte que fan os homes é mellor. Poucas veces sae na TV un deporte femenino, debería ter máis apoio por parte da sociedade.

 

Aquí remata a entrevista a Claudia Paz Vargas.

 

Entrevistadores: 

 

Cristian Martínez Dopico

Noryis Barrios Navas

Héctor Franco

HAI UN DEPORTE QUE SE CHAMA JUDO?

 

O judo é un arte marcial e deporte de combate de orixe xaponés.

O termo xaponés pode traducirse como «o camiño hacia a flexibilidade». Este arte marcial foi creado polo mestre Jigorō Kanō en 1882. O mestre Kano recopilou a esencia técnica e táctica de duas das antigas escolas de combate corpo a corpo xaponés ou jujitsu, estas foron a Tenjin Shin'yō-ryū, e a Kitō-ryū, que se basaban na loita corpo a corpo e que eran practicadas polos guerreiros medievais en armadura ou samurái no campo de batalla, ata o inicio do século XIX no Xapón. Logrando reunilas nunha sola; o Judo; dentro da súa escola, o Kodokan.

Actualmente, o judo é a única arte marcial que é deporte olímpico permanente, pois inclúese en todas as edicións olímpicas. Na súa forma deportiva especializase nos lanzamentos, as sumisións e as estrangulacións. Non obstante, na súa práctica integral non deixou de lado os golpes, os desarmes, varias luxacións articulares, o uso dos puntos de presión e os métodos de reanimación, o que o fai moi apropiado para o uso por forzas de seguridade, cascos azuis, policías, militares, paramédicos, etc. O judo é un dos catro estilos principais de loita deportiva máis practicados hoxe en día en todo o mundo. A partir do judo deriváronse as actuais formas de jujutsu europeo, ju jitsu americano, jiu jitsu brasileño, sambo ruso, nihon tai jutsu y krav magá. Isto debese a que expertos en judo formados en Xapón ou os seus discípulos ó ancho do mundo tiveron fundamental aporte para a formación de estas outras formas. Os practicantes de este arte son denominados «judocas».

 

A UNESCO declarou o judo como o mellor deporte inicial formativo para rapaces/as de 4 a 21 anos, xa que permite unha educación física integral, potenciando, por medio do coñecemento de este deporte, todas as súas posibilidades psicomotrices (ubicación espacial, perspectiva, ambidextrismo, lateralidade, lanzar, tirar, empuxar, arrastrarse, saltar, rodar, caer, coordinación conxunta e independente de ambas mans e pes, etc.) e de relación cás demais persoas, facendo uso do xogo e a loita como elemento integrador-dinamizador e introducindo la iniciación técnico-táctico-deportiva de forma adaptada; ademais de buscar un acondicionamento físico xeral, idóneo.

Así mesmo, o COI (Comité Olímpico Internacional) considérao o deporte máis completo e que promove valores como a amizade, a participación, o respeto e o esforzo por mellorar, a similitude da natación e a ximnasia artística.

 

Por: J. Francisco Pita

Fran Doural exemplo de mellor judoka

Falamos con Fran Doural, un dos mellores judokas de España, remata de quedar 9º de España entre unha grande variedade de competidorres de todas as comuniades automas de España, e está no noso cole!!!!!!!

 

Ola Fran, estamos a entrevistar ós rapaces e rapazas deste centro que fan deporte, e ti fuches o rapaz seleccionado para esta entrevista.

 

Fran Doural Edreira de 4º de ESO A, ten 15 anos. É un rapaz que practica iudo e é 9º de España, ademais do judo tamén practica fútbol, e decir que é un rapaz moi ocupado e moi bo deportista.

 

1- Como comezaches a practicar judo? Por que?

Porque xa dende pequeno me gustaba a loita, na miña casa xa xogaba a pelexas co meu irmán e os meus pais apuntáronme a judo.

2- En que club practicas judo?

Practico judo no Judo Club Oleiros.

3- Cantos días adestras a semana?

En principio adestro 3 días a semana.

4- De cantas horas é cada adestramento?

Dous dos días adestro 2 horas e o outro día adestro 1 hora e media.

5- Canto tempo levas practicando judo?

Levo practicando judo dende os 5 anos, e dicir 10 anos.

6- E no club onde estás nestes momentos?

Neste club levo só 6 anos.

7- Canto tempo levas competindo coa Selección Galega de iudo?

Coa Selección Galega levo 3 anos.

8- Cal foi o último combate no que competiches?

No combate junior de Galicia que se disputou en Ferrol.

9- Cal é o combate que mellor recordas?

O combate que mellor recordo é a final do Galego.

10- Cal é a próxima competición para a que te convocaron?

A próxima competición tereina en Coimbra no campionato Europeo, coa Selección Española de Iudo.

11- En que posición cres que vas quedar?

Todo depende, porque con algúns cústame menos que con outros.

12- Ata onde queres chegar neste fantástico deporte?

Gustaríame poder ser adestrador.

13- Cres que serás capaz de conseguilo?

Si, porque con esforzo todo é posible.

14- Como levas o de compaxinar os adestramentos de fútbol e judo cos estudos?

Cústame pero fágoo, porque se queres algo con esforzo podes conseguilo.

15- Dende o teu punto de vista cres que está ven facer deporte e comer saudable?

Si, porque é a mellor forma para estar ben e non ter enfermidades.

16- Recomendaríaslle os rapaces e rapazas do colexio que practicasen este deporte?

Si, porque é un deporte que che pode aportar defensa persoal a demais de pasalo ben e coñecer xente.

E por último:

17- Gustaríache practicar algún outro deporte? Cal?

Si, gustaríame practicar Kick boxing.

 

Fran, pois moitas grazas por atendernos estos minutiños. E que teñas moita sorte.

 

 

por: J. Francisco Pita

presentación do equipo de redación do blog

Ola a tod@s o equipo de redación do blog queremos darnos a coñecer, porque así, se nos vedes polo colexio e nos queredes dar algunha información con respeto ó deporte ou a vida saudable podades facelo.

 

SOMOS os alumnos de 4ºB de ESO, coa axuda de Fran o profe de educación física e Rosa a profe de matemáticas de 3º e 4º de ESO.

 

Noryis Barrios.

Héctor Franco.

Cristian Martínez.

Sheila Míguez.

Claudia Paz.

José Francisco Pita.

Óscar Soto.

Benvida ó blog

Benvidos tod@s ó blog CONTAMOS CONTIGO, este é un blog no que se falará sobre deportes, e vida saudable, para iso faremos entrevistas, reportaxes, textos de opinión, e podedes comentar o que vos opinedes, e tamén dar suxerencias. Esperamos que vos animedes a participar comentando e dando ideas para o blog.

Este centro está dentro dos programas Xogade e Deportivo de centro.

O programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) ten como finalidade que a actividade física chegue a ser un hábito diario na nosa poboación escolar, orientando a súa práctica non soamente cara o deporte competitivo, senón cara a unha actividade física, exercicio físico ou deporte orientado para a saúde, mantendo estes hábitos físico-deportivos saudables e de vida activa, adquiridos na idade escolar, ata a vellez.

O Proxecto Deportivo de Centro (PDC) ten como finalidade converter ao centro educativo nun centro promotor de vida activa e saudable. A través da análise dos recursos existentes, do traballo en equipo con outras entidades e co desenvolvemento de actividades e accións de carácter integral e transversal, o centro educativo debe ser un dos lugares máis eficaces para propiciar un cambio na conduta nos escolares galegos, buscando implantar estilos de vida activa e saudable, fomentando a práctica da actividade física e deportiva no día a día e nas doses recomendadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Para maís información sobre todo isto non dubidedes en visitar o enlace que se presenta nos seguintes enlaces.

http://www.edu.xunta.es/web/planproxecta para ir a paxina inicial do proxecto.

http://www.edu.xunta.es/web/node/6179 para saber o que é o proxecto.

http://www.edu.xunta.es/web/node/6180 para ver os programas que hai dentro do proxecto.

Un saudo:

J. Francisco Pita Vázquez, do equipo de redación do blog.

Distribuir contido