O venres celebramos o día das Letras Galegas. Tivemos a sorte de que Pedro e Andrea da ACDR O´Castro de Miño viñeran a darnos un concerto de música tradicional. Bailamos unha muiñeira, fixemos unha roda, cantamos e puidemos desfrutar da súa arte coa gaita e coa percusión tradicional.
Ademais, como cada ano, cada clase creo os seus "Poemiños polas letras" que xa están nos comercios da nosa vila para ser repartidos. Cando rematou o concerto, cada clase compartiu un dos seus Poemiños. Cantos poeta temos polo cole! ![Sorriso Sorriso](http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-smile.gif)
Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos.
![](/centros/cpicastrobaxoi/system/files/u86/IMG_4121.jpg)
![](/centros/cpicastrobaxoi/system/files/u86/IMG_4120.jpg)
![](/centros/cpicastrobaxoi/system/files/u86/IMG_4119_0.jpg)