O samaín

 

O SAMAíN

Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as cabazas, as abóboras…

Chegan as augas e os tempos escuros. Remata o verán e iníciase o inverno. Vaise a calor e vén o frío. Acaban as romarías ao sol e inícianse os contos a carón do lume.

Son os tempos do Samaín.

 

HISTORIA

Esa noite os celtas facían unha serie de cousas:

-Como comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno, durante esa noite, os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Esas bagas tiñan poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".

-Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Os celtas crían que esa noite unha "porta" se abría e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas acendíanse para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen os seus parentes e fogares e puidesen quentarse coa calor do lume do fogar.

-Os celtas, esas noites tamén amontoaban as caveiras dos seus mortos, e as dos seus inimigos, e pintábanas colocándoas nos cruces dos sendeiros. Esta tradición tamén tivo repercusións na nosa cultura xa que nas encrucilladas dos camiños se facían amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. O feito de depositar unha pedra alí era signo de que non se tería mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.

 

 

A lenda da cabaza               

Hai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.

A lanterna era a base de nabo, entón... de onde vén a cabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo, pero se atoparon coa cabaza. Esta ofrecía mellores características que o nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e pódese introducir unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis alimento; e en terceiro lugar é máis vistosa.

Existe tamén a lenda de que se recorta a cabaza e se acende unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...

RECURSOS PARA O SAMAÍN:

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

RECURSOS OUTONAIS

 


O NOSO SAMAÍN 12