Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

No DOG do 20/05/21 publicouse a ORDE  do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e materia escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso. Poden consultar a ORDE na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_es.html

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) ou presencialmente no centro docente.

Prazo de presentación das solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño.

 

 

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2021-22

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2021-2022.

De forma non presencial poderán consultarse só a través da aplicación  "admisionalumnado"  empregando a chave 365 ou un certificado dixital. De forma presencial poderán consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

REVISTA DE SECUNDARIA

No arquivo adxunto poden consultar as revistas que recollen as actividades de secundaria levadas a cabo durante as dúas primeiras avaliacións. 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2021-2022.

De forma non presencial poderán consultarse só a través da aplicación  "admisionalumnado"  empregando a chave 365 ou un certificado dixital. De forma presencial poderán consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Para o alumnado que non está matriculado neste centro nin no centro adscrito, o proceso de admisión abranguerá do día 1 ao 22 de marzo. O impreso para solicitala pode recollerse na oficina de administración do CPI de Bembibre. Teñen toda a información e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

PRAZAS VACANTES:

    

Curso/Nivel

Vacantes

4º EI

25

5º EI

9

6º EI

9

1º EP

6

2º EP

12

3º EP

9

4º EP

22

5º EP

8

6º EP

12

1º ESO

0

2º ESO

6

3º ESO

28

4º ESO

15

Nestes datos están recollidas as reservas de 3 prazas para alumnado NEE en 1º Primaria e 1º ESO. 

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro
  • Orde do 12 de marzo de 2013
  • Orde  do 25 de xaneiro de 2017
  • Orde do 18 de decembro de 2020

 

 

CURSO 2020/2021: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

A partir do xoves 11 de febreiro de 2021 está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido procedente do centro adscrito CEIP Plurilíngüe Xacinto Amigo Lera.

ADMISIÓN DE ESO E BACHARELATO EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2021/2022

O prazo para presentar as solicitudes de reserva de praza en centros adscritos comprende desde o 11 de xaneiro de 2021 ata o 8 de febreiro de 2021, ambos os dous incluídos.

O impreso é o ED550A, que se presentará no centro de orixe. Tamén se pode empregar a aplicación "admisión alumnado".

Máis información do proceso no seguinte enlace.

       Anexo ED550A (galego)           

Anexo ED550A (castelán) 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece un procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado. As máscaras distribuiranse entre o alumnado cuxas familias tivesen unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € no exercicio 2018, é dicir, os requisitos son os mesmos que para ser beneficiario do vale para material escolar establecido pola Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/21.

 

Acceso á orde:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.html

 

 

ADIAMENTO DA INCORPORACIÓN DO ALUMNADO DA ESO

A Consellería de Educación retrasa unha semana o inicio de curso en secundaria. As novas datas para a incorporación gradual do alumnado na ESO son:

 

O 23 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º ESO

O 24 de setembro incorporarase o alumnado de 3º ESO

O 25 de setembro incorporarase o alumnado de 4º ESO

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDOLIBROS SECUNDARIA

Xa se pode consultar no centro a listaxe definitiva de Fondolibros para o curso 2020/21.

INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

No día de onte a Consellería de Educación publicou unha resolución pola que se establece a incorporación gradual do alumnado durante os primeiros días de curso. Poden consultar esta resolución no arquivo adxunto ou no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31769

LISTAXE DIFINITIVA DE FONDOLIBROS PRIMARIA

Xa poden consultar no centro a listaxe definitiva de Fondolibros para o curso 2020-21. Recorden que os libros de texto de 3º e 5º de primaria os merca o centro, non se conceden vales.

DESCARGA DA APLICACIÓN TOKAPP

As familias do alumnado que se matricula por primeira vez neste centro, xa poden descargar a aplicación TokApp.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS

Poden consultar no centro a listaxe provisional do número de libros que lles corresponde ao alumnado de Primaria. Esta listaxe non se publicará nesta páxina web pola protección de datos. 

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut