Skip to Content

Lista provisional fondolibros EP

Lista provisional de reparto de fondolibros de primaria. A lista definitiva sairá o día 17 de xullo

Material infantil 5 anos

Lista de material para o curso de infantil de 5 anos. O resto de cursos de infantil publicaráse a principios de curso.

Libros de texto 2017-18

Lista de libros de texto para o vindeiro curso 2017-18

Exames setembro

Axudas para adquisición de libros de texto, fondolibros e material escolar

Recordamos que está aberto o prazo para solicitar as axudas de material escolar, fondolibros e libros de texto e que o prazo remata o 23 de xuño. Adxuntamos a nota informativa enviada ás familias

Lista admitidos definitiva

lista provisional admitidos

Nota informativa entroido

Estimados nais e pais,

Desde o centro educativo, animámosvos a presenciar o desfile de Entroido que temos programado facer con todos os nosos alumnos/as e coa Asociación AVANTE de Niveiro. Realizarase o vindeiro 24 de febreiro ás 11:30 horas e discorrerá pola rúa Arcai de Bembibre, concretamente desde a estatua do Emigrante ata o cruce coa rúa Corredoiras. Despois dirixirémonos ao pavillón polideportivo do Concello, onde remataremos a xornada cunha chocolatada para todo o alumnado participante.

É importante recordar que se o desfile discorre con normalidade pola rúa, non se permitirá o acceso do público ao pavillón, xa que dentro só faremos a chocolatada cos alumnos/as. En caso de choiva, suspenderiamos o desfile pola rúa Arcai e realizariámolo á mesma hora no interior do pavillón, permitindo neste caso a asistencia do público.

Se algunha familia non desexa que o seu fillo/a participe no desfile, terá que deixalo na casa, xa que ese día non haberá clases lectivas. Desta forma, entenderemos que todos os alumnos/as que asistan ese día ao colexio, están autorizados polas súas familias a participar no desfile.

Debido a esta celebración, o horario escolar de saída modifícase para ese día, rematando a xornada lectiva ás 13:00 horas, o que implica a suspensión do servizo de comedor. O transporte escolar funcionará con normalidade, coa particularidade que os autobuses sairán directamente desde o pavillón á hora indicada.

As familias que desexen recoller aos seus fillos/as no pavillón, poderán facelo a partir das 12:50 horas ata as 13:00 horas. A partir dese momento, todo alumno/a con dereito a transporte terá que subir ao autobús que lle corresponda.

Admisión

Carreira Solidaria

As nosas alumnas e alumnos doaron

671,70€

para a XIII Carreira Solidaria de Save the Children. Moitas gracias a todos/as e ás súas familias por colaborar nesta iniciativa solidaria.

Sorteo da cesta de Nadal da excursión de 4º ESO

O número premiado cunha cesta de Nadal na rifa da excursión de 4º ESO é o:

0122

CAMBIO DE NÚMERO DE TELÉFONO

O novo número de teléfono do centro é:

881 866 981

Aberto prazo presentación de candidaturas ao Consello Escolar

Ábrese o prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar para os diferentes sectores da comunidade escolar:

  • Alumnos/as
  • Pais e nais
  • Persoal docente
  • Persoal non docente

O prazo de admisión de candidaturas é do 7 ao 17 de novembro de 2016. As solicitudes deben presentarse na oficina de administración empregando este impreso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut