Skip to Content

Documentos xerais

DOCUMENTOS XERAIS

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES AO CONSELLO ESCOLAR

Xa están expostas no taboleiro da entrada do edidicio de educación infantil e primaria, as listaxes coas candidaturas dos diferentes sectores.

As eleccións celebraranse o vindeiro 23 de novembro cos seguintes horarios de voto:

- Nais e pais: das 9:00 horas ás 16:15 horas.

- Persoal de servizos: das 9:30 horas ás 10:00 horas.

- Alumnado: das 12:50 horas ás 13:10 horas.

- Profesorado: claustro extraordinario ás 16:30 horas.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CPI DE BEMBIBRE

No vindeiro mes de novembro celebraranse as eleccións para designar aos novos membros do Consello Escolar. Nese proceso elixiranse representantes dos colectivos do profesorado, alumnado, persoal de servizos, nais e pais, ANPA e Concello.

Durante o tempo que dure o proceso, os diferentes sectores da comunidade escolar recibirán información detallada sobre o procedemento para que poidan presentar as súas candidaturas, ou exercer o seu voto para elixir aos candidatos. 

IMPORTANTE: CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR PARA OS USUARIOS EXCEPCIONAIS

Esta nota informativa só está dirixida para aquelas familias que teñen as paradas de transporte escolar en Bembibre: Caixa Galicia ou San Lorenzo (Os Porches).

Hai uns días notificáronnos unhas variacións no procedemento de utilización do transporte escolar integrado para aqueles alumnos/as que fan un uso excepcional (residentes en Bembibre).

Ata o curso pasado, tiñamos que meter a todo ese alumnado excepcional na aplicación de transporte escolar e a Consellería de Educación autorizábaos a utilizalo. Para este curso o procedemento varía e o alumnado que colla o autobús nesas paradas de Bembibre xa non estará rexistrado na aplicación, polo que será considerado como un pasaxeiro máis de liña regular, co que terá que utilizar obrigatoriamente a tarxeta XENTE NOVA cada vez que accedan ao bus (tanto na viaxe de ida como na de volta).

Hai que puntualizar, que aínda que teñan que utilizar a tarxeta XENTE NOVA, o servizo de transporte escolar seguirá sendo gratuíto para eses alumnos/as (os nenos/as menores de 4 anos non utilizarán a tarxeta e accederán libremente ao bus sen ela).

TARXETA XENTE NOVA: na seguinte ligazón teñen toda a información sobre esta tarxeta (quen a pode utilizar, como se solicitala a través de ABANCA, como recargala, etc...):

https://www.bus.gal/gl/xente-nova

 

ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA SOBRE A CONTRATACIÓN DE COLABORADORES DE COMEDOR

O pasado día 15 de outubro o Consello da Xunta de Galicia autorizou como medida excepcional, que aqueles centros nos que non estean cubertas todas as prazas de colaborador de comedor, poidan utilizar para esa función a outros familiares adultos  convivintes (a parte dos pais) que residan no mesmo domicilio que o alumno.

Nestes momentos temos no colexio unha praza vacante de colaborador de comedor que podería ser ocupada por un familiar convivinte dun alumno/a, sempre e cando os pais dese alumno/a o autorizaran.

Se alguén cumpre esa condición e está interesado en realizar tarefas de colaboración no comedor, deberá acudir ao centro educativo e cubrir un impreso de solicitude.

Ata o venres 6 de novembro, poderán cubrir a solicitude no centro. No suposto que houbese máis dunha solicitude, o criterio de selección sería o de menor renda per cápita da unidade familiar. 

Achegámoslles o documento que enviou a Consellería de Educación, onde explica con maior detalle esta circunstancia excepcional.

 

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

A PARTIR DE MAÑÁ DÍA 19 DE XUÑO E  ATA O DÍA 22 DE XULLO, PODEN PRESENTAR NO CENTRO AS SOLICITUDES DE UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

ACHÉGASE UN RESUMO DAS DÚAS INSTRUCIÓNS, O IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE E COMEDOR E O ANEXO II DE AUTOLIQUIDACIÓN (SÓ PARA OS SOLICITANTES DE COMEDOR)

 

AXUDAS PARA OS USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR DO CPI DE BEMBIBRE EN RELACIÓN AO CORONAVIRUS: COVID-19

No arquivo adxunto, poden consultar un resumo do procedemento para a tramitación das solicitudes de axudas económicas para os alumnos/as usuarios do servizo de comedor escolar, para estes días de suspensión da actividade lectiva no centro educativo.

NOVAS INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Con motivo da suspensión das clases polo coronavirus (covid-19), amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

CURSO 2019/20: HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DO PROFESORADO DE ESO

Achegámoslles o horario de atención ás familias do profesorado de Educación Secundaria.

CURSO 2019/20: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DO CURSO 2019/20 PARA 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

SOLICITUDE PARA DESENVOLVER TAREFAS DE COLABORADOR/A NO COMEDOR ESCOLAR

Xa está aberto o prazo para solicitar unha praza de colaborador/a no comedor escolar do centro.

Recordámoslles que para ser colaborador/a de comedor é requisito imprescindible ser nai, pai ou titor/a dun alumno/a matriculado no centro para o curso 2019/20.

Os impresos de solicitude poderán recollelos e entregalos no despacho de administración do edificio de infantil e primaria.

CURSO 2019/20: SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN OU NOVAS PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Para o curso 2019/20, as solicitudes de novas paradas de transporte escolar ou modificación das existentes, deberán tramitalas a través do colexio, solicitando un impreso que será facilitado en administración.
Prazo de solicitude:
  • Ata o 28 de xuño, para alumnado de infantil e primaria.
  • Ata o 5 de xullo, para o alumnado de ESO.

SOLICITUDE DE FONDO LIBROS, AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2019/20

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEN DESCARGAR O IMPRESO DA SOLICITUDE (ANEXO I-II) E A ORDE QUE REGULA O PROCESO:

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/20

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/20 SERÁ DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2019.

Poden recoller a instancia na Administración do colexio.

CARRERA SOLIDARIA DA AUGA (UNICEF): 14/12/2018

DESDE O CENTRO AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN NESTE EVENTO SOLIDARIO.

O IMPORTE TOTAL RECADADO ASCENDE A 702,67 EUROS, QUE SERÁN INGRESADOS NA CONTA DE UNICEF.

CANDO FAGAMOS O INGRESO PUBLICAREMOS O COMPROBANTE DA TRANSFERENCIA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut