Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Novo simulador de vernizado para o CIFP Santiago

O pasado 25 de marzo, técnicos do CIS Tecnoloxía e Deseño  da Axencia Galega de Innovación instalaron no Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago un simulador de vernizado facilitado polo GAIN a este centro de formación da Consellería de Emprego e Igualdade.

 

 

O CIFP Santiago na súa oferta formativa conta con cursos de acabados en madeira, e este simulador permitirá tanto avaliar obxectivamente as habilidades dos alumnos como identificar puntos de mellora. O uso do simulador nas primeiras etapas de aprendizaxe do vernizado en spray permite un aforro en custos e materiais, permitindo aumentar o número de prácticas iniciais, así como evitar o uso de materiais contaminantes, polo que supón unha mellora para o medio ambiente e a saúde. Porén o CIFP Santiago contempla o uso do simulador como parte do seu programa de capacitación.

 

O CIS Tecnoloxía e Deseño xa colaborou previamente co CIFP Santiago, probando o simulador durante máis dun mes durante a etapa de desenvolvemento, e a boa disposición a novas propostas convertiu esa experiencia en positiva e pertmitiu incorporar melloras.

 

 



story | by Dr. Radut