Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Exposición REDE NATURA 2000

 

Lugar de exposición: CIFP SANTIAGO

Datas de exposición: Do 12 ao 23 de novembro 

Entidade colaboradora: CEIDA

A exposición consta de 12 paneis

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a función, finalidade e  obxectivos da Rede Natura e dos espazos que a integran.

Nela atoparás a distribución das  ZEC e  ZEPA de Galicia, a súa tipoloxía e principais características, e as especies máis relevantes que nelas habitan. Tamén descubrirás os beneficios sociais que a Rede Natura 2000 achega á sociedade, baseados nos servizos dos ecosistemas, e a oportunidade que supón a conservación destes espazos para o desenvolvemento territorial, a conservación das actividades tradicionais e a xeración de emprego.

Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.



blog | by Dr. Radut