Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Manuel Antonio, poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:
- Suxestión: Idea que se lle aporta á dirección do CIFP con ánimo construtivo para a súa mellora.
- Queixa: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (Sistema de Xestión da Calidade) ou legais.
Pode elixir dúas vías diferentes para enviarnos a súa mensaxe: enviar un documento en papel (sección Documento SQ) ou facernos chegar a súa mensaxe on-line cubrindo o formulario que poñemos á súa disposición e premendo en enviar (sección Formulario).
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
|
Responsable do tratamento
|
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Secretaría Xeral Técnica.
|
Finalidades do tratamento
|
Recoller as suxestións e queixas da comunidade educativa coa finalidade de emprender accións
que permitan a mellora dos servizos prestados.
|
Lexitimación para o tratamento
|
Consentimento da persoa interesada.
|
Destinatarios dos datos
|
Non se prevén comunicacións a terceiros salvo as previstas na lei.
|
Exercicio de dereitos
|
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos
|
Contacto delegado de protección de datos e información adicional
|
https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais
|