Skip to Content

Documentos Xestión da Calidade

No link https://www.edu.xunta.es/calidade/ podes acceder a toda a documentación actualizada relativa á Xestión da Calidade

Unha vez aberta a páxina, débese premer na esquina superior dereita nun icono redondo e verde, e introducir o usuario e contraseña que cada un de nós ten para o correo e outras aplicacións de edu.xunta.

Unha vez dentro, na marxe esquerda temos DOCUMENTACIÓN onde atoparemos:
- Lexislación, que contén os textos legais básicos e un word con links ás paxinas estatal e autonómica onde hai un maior repositorio e actualizado de lexislación.
- Manual de Calidade, que contén o manual de calidade
- Manual de Procedementos, que contén 4 carpetas:

DOCUMENTACIÓN CENTRO (con documentos xerais de centro: plan de autoprotección, plan titorial, Programacións de áreas,...)

DOCUMENTACION CALIDADE (cos documentos actualizados e editados polo sistema de xestión de calidade: documentos e formatos)

TITOR FCT (cos documentos que dende Relación con empresas se manda a todos os titores de FCT), e

DOCUMENTACION ALUMNADO PRACTICUM (con documentos que poden ser necesarios para este alumnado)

Lembrade que premendo en calqueira das anteriores tendes que escoller organismo, que non é mais que seleccionar CIFP MANUEL ANTONIO.

 



page | by Dr. Radut