Skip to Content

Síntese histórica do Manuel Antonio

A orixe do centro Manuel Antonio está na Universidade Laboral de Vigo, inaugurada no ano 1976. Este tipo de centros caracterizábase por levar aparellada unha residencia estudiantil para acoller alumnado de lugares distantes e facilitarlles uns estudos que non existían na proximidade das súas vilas.

A Universidade Laboral de Vigo foi competencia do Ministerio de Traballo ata o establecemento das autonomías, pasando nese momento a depender da Xunta de Galicia.

Ao longo dos anos foi mudando de nome. Unha vez transferido a Galicia recibiu o nome de C.E.I. Manuel Antonio (Centro de Ensinanzas Integradas), en homenaxe ao poeta de Rianxo do mesmo nome. Anos máis tarde, a Consellería de Educación decidiu separar a residencia estudantil do centro de formación educativa, e pasa a nomearse I.E.S.P. Manuel Antonio (Instituto de Ensinanza Secundaria e Profesional), e a residencia, pola súa banda, CRD (Centro Residencial Docente). O nome mudou de novo a I.E.S. Manuel Antonio  (Instituto de Ensinanza Secundaria) e, finalmente, pasou a ser CIFP Manuel Antonio (Centro Integrado de Formación Profesional).

O proxecto da Universidade Laboral de Vigo foi elaborado e redactado nos anos 1974 e 1975 polo arquitecto José Antonio López Candeira, contando coa colaboración dos arquitectos Fernando Domínguez e José María Arana, resultando unha superficie edificada de 23.920 metros cadrados.

O Concello de Vigo cedeu unha parcela de 150.000 metros cadrados ubicados no Meixoeiro, e a empresa “Construcciones José Malvar S.L.”, de Pontevedra foi a encargada da construcción, actuando como aparelladores Francisco Garcés, José Garcés, e Víctor Garcinuño.

A Universidade Laboral de Vigo inaugúrase no mes de outubro de 1976. Aínda no primeiro trimeste do curso 1976 – 1977 o alumnado tivo que pernoctar na “Residencia de Tiempo Libre de Panxón”, en Nigrán.

Segundo consta na memoria da Universidade Laboral de Vigo do curso 1976-1977, o conxunto arquitectónico está formado por tres edificios de residencia, un edificio de dirección e enfermería, tres pavillóns de aulas, e zona deportiva, contando tamén con zona de servizos, de expansión e de caldeiras. O internado dispón de 420 prazas e a oferta educativa é de 920 prazas, contando con 27 aulas, un laboratorio de idiomas, un laboratorio de física, un para química de BUP-COU, un laboratorio para Ciencias Naturais, un para Química Xeral de FP, e outro para Química Inorgánica de FP, tendo cada laboratorio unha capacidade de 40 prazas.

Na mesma memoria fanse constar os cargos de responsabilidade e as ensinanzas ofertadas:

Responsables:

• Julio Taboada Pérez,  Gerente Administrativo  01/06/1977

• Jesús Costas Costas,  Interventor-Delegado  01/06/1977

• Mª Jesús Tordable  Adrián,  Directora  junio 1977



page | by Dr. Radut