ENLAZAR UN VÍDEO DO YOUTUBE Ao teu SITE WEB/BLOG:

1- Entrade en Youtube (buscar o que queirades), e debaixo do vídeo, observaredes unha pestana que di: "Inserir".


1


2-Dadeslle a esa pestana e sairavos un código a continuación.


2


3- Agora copiar o texto.

4- Ídesvos ao voso Blog/web e pegádelo na zona de "HTML".


3

5- E xa temos un vídeo de youtube linkado no voso blog/web.

Advertir que pode ser, que nalgún vídeo non veña a opción de ver o texto mencionado (o código fonte HTML do vídeo) por dereitos de autor ou porque a persoa que o subiu non o permite, así que buscar outra versión do mesmo vídeo se vos xorde ese problema.


Engádovos un recordatorio para que os vosos vídeos teñan o tamaño que desexedes:



CAMBIAR O TAMAÑO (ANCHO E ALTO) DO VÍDEO:
Por exemplo, este é o texto que vedes na foto:

<iframe title="YouTube vídeo player" width="640" height="390" src="http://www.youtube.com/embed/lodv-rjAZz4" frameborder="0" allowfullscreen></iframe> "

Se vos fixades no subliñado, indícavos o tamaño do vídeo. O width (ancho) e o height (a altura).
Tan só debedes cambiar eses números e adaptalos ao voso site.
Última modificación: Monday, 21 de December de 2015, 18:45