O copyleft:

é unha práctica que consiste no exercicio do dereito de autor co obxectivo de permitir a libre distribución de copias e versións modificadas dunha obra ou outro traballo, esixindo que os mesmos dereitos sexan preservados nas versións modificadas.

Aplícase a programas informáticos, obras de arte, cultura, ciencia, ou calquera tipo de obra ou traballo creativo que sexa rexido polo dereito de autor.

O termo xorde nas comunidades de software libre como un xogo de palabras ao redor de "copyright": «dereito de autor», en inglés (literalmente «dereito de copia») con outro sentido, o de left: pretérito do verbo deixar ou permitir (literamente «deixar copiar»), así como esquerda, en contraste con right, que é dereito.

Considérase que unha licenza libre é copyleft cando ademais de outorgar permisos de uso, copia, modificación e redistribución da obra protexida, contén unha cláusula que dispón unha licenza similar ou compatible ás copias e ás obras derivadas.

Os seus partidarios propono como alternativa ás restricións que impoñen as prácticas tradicionais dos editores e da industria do entretemento ao exercer os dereitos patrimoniais que deteñen e xestionan para os autores, á hora de autorizar facer, modificar e distribuír copias dunha obra determinada.

Preténdese así ofrecerlle a un autor a posibilidade de liberar unha obra, escollendo unha licenza libre que permita a súa utilización, copia, modificación e redistribución, ao mesmo tempo que, mediante o copyleft, garántese que se preserven estas liberdades para calquera receptor dunha copia, ou dunha versión derivada.




Última modificación: Monday, 21 de December de 2015, 18:45