Tarefa 1.- Crea unha web cun editor de texto

TAREFA 1: Crea unha web básica con etiquetas html, nun editor de texto

Xa é hora de practicar coas ferramentas que presentamos até agora. Como? É moi sinxelo: crea unha páxina web!


Se non se che ocorre nada, propóñoche que reproduzas esta página. Para que non teñas que teclealo todo, aquí tes o arquivo de texto, de modo que, se queres, non tes máis que pegalo no teu editor e colocar as etiquetas correspondentes nos lugares adecuados.


(Por certo: as fontes que utilicei son Arial e Cómic Sans MS.)


Envía unha mensaxe ao titor/ora avisando do remate da tarefa a través do botón "Editar o meu envío" que aparece na parte baixa desta pantalla.

Exemplo de mensaxe: "Rematada a tarefa 1.1"