BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE ( DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ÁNXELES )

Enviado por admin o Xov, 22/06/2023 - 00:00

Convocatoria de bolsas para alumnado con NEAE  para o curso 2023/24. Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. Enlace

 

CARTAZ FESTIVAL FIN DE CURSO

Enviado por admin o Ven, 02/06/2023 - 14:35

( categories: )

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR . EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2023/24

Enviado por admin o Sáb, 27/05/2023 - 18:16

 

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Prema enlace

 

Prazo de presentación : Dende xa ata o  21 de xuño (incluído) de 2023.

 

Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación

 Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros , unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentación: 

      Presentación no centro educativo: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 

   Presentación a través da sede electrónica da  Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  Presentación  en secretaría do centro cubertos os anexos I e II podedes descargalos ou vir buscalos ao centro de 9.30 a 14.00.   Descargar anexos

 

     NOTAPara a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

      AVISO IMPORTANTE: O alumnado que vai o instituto adscrito e tod@s os que xa están admitidos teñen que entregalo no seu IES. Os que non teñen centro asignado o tedes que entregar no colexio.

 

 

 

 

        

SOLICITUDE ONLINE COMEDOR CURSO 2023/2024

Enviado por admin o Ven, 19/05/2023 - 13:58

PREMA NA IMAXE PARA ESCANEAR OS DIFERENTES CÓDIGOS QR

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2023/2024

Enviado por admin o Xov, 18/05/2023 - 14:39

 

( categories: )

LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DO 2023 (Don Paco)

Enviado por admin o Mér, 17/05/2023 - 17:55


         Descobre a riqueza literaria e cultural de Galicia no día das Letras Galegas, unha celebración anual que honra aos escritores e poetas que contribuíron a preservar e enriquecer a lingua galega a través da literatura.

Este ano adícase a Francisco Fernández del Riego (Don Paco) . Escritor, divulgador, retratista, narrador, ensaísta, ….. 

”Vigo foi moi importante para el e para a cultura viguesa. Foi o home bo nos conflictos de Citroën, cando os sindicatos non se poñían de acordo coa empresa nas reivindicacións ía Paco e conseguía que se puxesen de acordo. Un home moi amigo da vida, ía a ver o partido todos os domingos a Balaídos, cun puro”. María do Camiño Noia Campos.

Na historia do seu vivir cobrou especial protagonismo a Fundación Penzol vinculado ao proxecto de Galaxia.

https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2023/05/letras-galegas-2023.html

https://emigracion.xunta.gal/es/especial-dia-das-letras-galegas-2023-francisco-fernandez-del-riego

  

            

VÍDEOS RESUMO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E DO DÍA DO LIBRO

Enviado por admin o Mér, 17/05/2023 - 14:30

 Benquerida comunidade educativa,  aquí poderedes ollar dous vídeos

resumo sobre todo o que festexamos no DÍA DAS LETRAS GALEGAS e no DÍA

DO LIBRO.

 

 

O MAIO DO SEIS...UN MAIO CON FUTURO

Enviado por admin o Mér, 10/05/2023 - 09:17

 

Despois de dous días conmemorando o Maio, aquí podedes ollar unha serie de fotos e un vídeo sobre o noso maio con futuro.

Visita o blog do fiadeiro do seis e o blog de música "O pentagrama máxico" para máis información sobre esta conmemoración.

https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2023/05/o-maio-do-seis.html

https://opentagramamaxico.wordpress.com/

Distribuir contido