O noso centro

O NOSO CENTRO NON TEN NINGÚN CASO DE CORONAVIRUS

Queremos informarlles que a día de hoxe (domingo 13 de decembro) no centro non somos coñecedores de ningún caso de coronavirus no noso centro.  Hoxe aparece unha noticia na Voz de Galicia na que se indica que temos un caso. O equipo Covid do centro non recibiu ningunha notificación de contaxio, nin de pais/nais nin da Consellería, non obstante puxemonos en contacto coas autoridades sanitarias por si houbera algún caso declarado durante o fin de semana, pero nos dicen que non hai ningún caso.

Inicio Curso 2020/21

 

Ante a situación que estamos vivivindo e co fin de extremar todo tipo de medidas preventivas, este ano a Xunta determinou que o curso comezará en dous días para evitar aglomeracións no centro

O xoves 10 de setembro  1º - 2º e 3º

O venres 11 de setembro  incoropóranse 4º -5º e 6º 

O horario será o habitual, de 9:10 h. a 13:50 h., Haberá transporte escolar.

Os alumnos/as que vaian facer uso o primeiro día do servizo de madruga ou de comedor pregamos o comunique á maior brevidade a ANPA no correo anpabandaseca@gmail.comou no teléfono 634964175. Caso de ter algunha dificultade poden enviar correo ao centro (cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.es) o chamar directamente ao centro.

Estamos traballando no protocolo da Xunta para garantir a seguridade dos seus fillos, na sinalización do centro e portas de entrada, na distribución das mesas para que teñan o máximo espazo, na organización de entradas e saídas, recreos, acceso a baños,... para que sexan o mais diferenciadas e espaciadas posibles (faremos diferentes quendas de recreo e  de saída), que cada clase interaccione o mínimo.

A vía oficial de comunicación será esta páxina web e a aplicación ABALAR. (lamentablemente esta aplicación non estará operativa para o actual curso ata o día 9).Pregamos estean atentos á páxina porque será onde publiquemos todas as modificacións deste curso.

Todos os nenos teñen que vir con máscara desde casa (salvo certificación médica).

Entrada: Unha vez que os nenos/as entren no recinto dirixiranxe  as aulas. Non poden quedar a xogar no patio.Os pais non poderan acceder ao recinto escolar,

Presentación 1º nivel: entrada no recinto 15 minutos mais tarde, pode acompañalos un familiar. As 9:30 reunión no pavillón. Os alumnos de 1º que veñan no transporte encargaremos nós de acollelos.

A atención de secretaría non poderá ser nunca nas horas de entrada, sáida ou recreos, polo que non poderán acceder ao centro nestes momento. Haberá que avisar mediante chamada telefónica.

INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE-ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS

Neste documento podedes ver  os criterios de avaliación e promoción deste curso 2019-20 derivados da situación especial que estamos vivindo, así como as adaptacións das programacións didacticas de todos os niveis e especialidades.

INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE-ADAPTACION PROGRAMACIÓNS

SUSPENSIÓN CLASES- COVID-19

Novas instruccións da consellería en relación ao coronavirus.

O centro permanecerá pechado dende o día 16 ata o 30 de marzo e a titorización e atención ao alumnado realizarase por medios non presenciais, telemáticos (correos electronico, paxina web do centro, classdojo,...) ou telefónico.

Nos vindeiros días iremos colgando tarefas para o alumnado.

Tarefas 1º

Tarefas 2º

tarefas 3º

Tarefas 4º, poranse en contacto co alumnado a través do ClassDojo ou dun grupo de difusión de watsap en B.

Tarefas  5º e 6º: os titores poranse en contacto co alumnado a través do Classdojo e do correo electrónico de bandaseca.es 

Enlace formulario asistencia por se algún alumno atópase con algún problema tente solucionalo a distaciahttps://docs.google.com/a/bandaseca.es/forms/d/e/1FAIpQLSeYcg_0uVFhHStUsMULA-Y1hoiV3VSVPYJ4JpL5cdyt-D0V6w/viewform 

 

SUSPENSIÓN DAS CLASES - CORONAVIRUS

A Xunta ven de publicar oficialmente a suspensión das clases por mor do coronavirus. Esta suspensión do ensino non universitario afecta a todos os servizos complementarios (madrugadores, transporte e comedor) e actividades extraescolares.

Como xa estarán informados a través dos medios de comunicación, este mediodía, o presidente da Xunta comunicou esta decisión.

A medida é efectiva a partir do luns 16 de marzo por un período de dous semanas.  Mañá venres, pola premura do comunicado, a asistenciaserá optativa. 

O comunicado determina que as actividades curriculares se faran a través de medios telemáticos. Nos vindeiros días comunicaremos os medios que empregaremos no centro para comunicarnos coas familias para levar a cabo ditas tarefas. Publicaremos ditas decisións tanto nesta páxina web como a través da aplicación abalarMóbil, polo que é recomendable que aqueles pais/nais que aínda non a teñan descargada nos sus móbiles, realicen esta acción.  Se teñen algunha dificultade, pónanse en contacto co centro. Máis información en: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Para calquera información, estamos á súa disposición no centro no horario de apertura do centro.

Comunicado  oficial da Xunta: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

APLICACIÓN ABALARMOBIL

Animámoslles a descargar nos seus móbiles a aplicación abalarMobilque ofrece a Xunta de Galicia para facilitar o acercamento entre o profesorado e as familias A descarga desta aplicación faise dende Apple store (IOS) ou dende Play Store (Android).

Trátase dunha aplicación que permite ás familias, de forma cómoda e rápida, consultar a información dos seus fillos, cualificacións, faltas de asistencia, ver avisos e notificacións do centro ou do profesor,...

Toda información sobre a descarga, funcionalidades e manual de usuario pinchando  no enlace https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil. 

O vindeiro curso comezaremos a usala como canle ordinaria nas notificacións do centro coas familias (polo momento tamén enviaremos os comunicados en papel), polo que é interesante ir familiarizándose con ela e descubrir a potencialidade desta ferramenta.

NOVO TELÉFONO

A Consellería esta realizando unha reubicación dos números de teléfono dependentes desta, polo que a partir de agora o novo número de teléfono do cole é 881866847.

Poderán seguir chamando ao número anterior durante un tempo onde poderán escoitar unha alocución indicando o novo número. Dita alocución estará dispoñible en canto remate o proceso de migración da compañía de teléfono.

Distribuir contido