ACTIVIDADES NADAL: CONTACONTOS E PANXOLIÑAS POLA VILA

O día 21 de decembro rematamos as as clases e comezamos as vacacións de de Nadal atao domingo 7 de xaneiro.

Estes días finais temos unha serie de actividades para rematar o trimestre e o ano:

O día 20 temos un contacontos na biblioteca a cargo de Charo Pita e que en varias sesións pasarán todos alumnos do centro. Esta actividade foi subvencionada polo Concello da Pobra do Caramiñal.

O día 21 a primeira hora os alumnos de teatro do centro farán a presenctación ao alumnado do centro dun sketch e a película para o concurso de curtametraxes. Despois imos realizar as XANEIRAS DE NADAL, cada nivel cantará dous villancicos en dous lugares diferentes da vila:

horario

11:30

Residencia 3ª idade

Mercado Municipal

Alameda

Fernández Varela 

Concello

Centro de día

12:00

Centro de día

Concello

Fernández Varela

Alameda

Mercado Municipal

Residencia 3ª idade

12:30 - Todos alumnos nos reuniremos despois no cantón da leña (Cada curso cantará 1 panxoliña e todos xuntos o Aguinaldo de despedida)

             1º- Polo Nadal    /    2º-Nadal   /  3º- Mi burrito Sabanero  /  4º- Volver a casa por Nadal  / 5º- Ay del chiquirritín    /   6º- Navidad Rock

13:00-  12 BADALADAS con gusanitos e chocolatada.

CONCILIACION:OBRADOIROS NADAL MAÑAS E TARDES

Dende a Concellaría da Igualdade, un ano máis,  poñen á disposición das familias os Obradoiros de Conciliación de Nadal que se vai levar a cabo no CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras:

Conciliación de mañá: dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 09.00 a 14.00 horasAquelas familias que o precisen teñen a posibilidade de contratar o Servizo de Madruga e Comedor.

Conciliación en horario de tarde. O Espazo de Coidados do Nadal é un recurso de conciliación estará dispoñible en horario de 16.00 h a 20.00 h dende o día 22 de decembro ao 4 de xaneiro. Terá quen asistir unmínimo de 5 crianzas ao día para que o Espazo de Coidados estea habilitado.

As inscricións realizaránse no Servizo de Igualdade (fronte ao concello) e quen teña algunha dúbida pode chamar ao 981 83 27 64 (ext. 6)
Deixamos os arquivos adxuntos coas follas de inscripción.

NADAL. DOAZON BICIS-PATINETES

DIFUNDIMOS ESTA INICIATIVA MOI INTERESANTE PARA O NADAL

25-N

25-N LEMAS 25N

PLAN DIXITAL

O plan dixital do centro  do curso 23-24 atópase colgado na aplicación Educalidade no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvo...

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

La próxima semana celebrando el día de las bibliotecas escolares Troskita visitará el Cep Plurilingüe Salustiano Rey Eiras .


ACTIVIDADES ANPA

COMUNICADO EXTRAESCOLARES.

Pobra Do Caramiñal, 16 de Outubro de 2023.

Estimadas familias,

dende a Anpa de Bandaseca, seguimos a traballar para que os vosos fillos e fillas teñan unha oferta completa e variada de extraescolares, xa que somos conscientes de que, as veces, tamén nos botan unha man coa conciliación. Por iso, vos presentamos unha serie de novas actividades as que se poden anotar a partir deste mesmo momento.

ACTIVIDAD

DÍA/HORARIO

PREZO

LUGAR

INGLÉS 1º, 2º E 3º

VENRES/16 A 17 HORAS

15 €/NENO-MÍNIMO 6

AULA COLE PEQUENO

INGLÉS 4º, 5º E 6º

VENRES/17 A 18 HORAS

15 €/NENO-MÍNIMO 6

AULA COLE PEQUEÑO

REPOSTERÍA

MARTES/ 17 A 18 HORAS

15 €/NENO-MÍNI. 10

COMEDOR COLE

PILATES

MARTES/16 A 17 HORAS

20 €/NENO-MÍNIMO 5

XIMNASIO COLE PEQUENO

Para calquer aclaración, estamos disponibles no mail anpabandaseca@gmail.com ou no teléfono 634964175.

CONCILIACIÓN: ESPAZO COIDADOS CORRESPONSABLES

Dende a Concellaría de Igualdade volven poñer en marcha o Espazo de Coidados Corresponsables, co fin de facilitar ás familias a conciliación da vida familiar, laboral e persoal en horario de tarde.

Está dirixido ás crianzas entre os 3 e os 12 anos de idade e levarase a cabo no CEP Plurilingüe "Salustiano Rey Eiras" de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas.

É necesario que asistan un mínimo de 5 participantes ao día para que o Espazo de Coidados Corresponsables estea habiliitado.

Para máis información poden escribir a igualdade@apobra.gal ou chamar ao número 981832764 (ext. 6).

Deixamos no arquivo adxunto a solicitude de participación.

DIGITAL WEEK - 6º

Por segundo curso consecutivo aprobaron o proxecto presentado polo centro para participar nun programa de inmersión lingüistica. O curso pasado foi Spring Week, o deste curso é DIGITAL WEEK

Esta concesión foi posible, primeiro pola decisión do profesorado e do Consello Escolar de participar no programa, despois polo proxecto presentado e, sobre todo, porque o centro participa en programas de adquisición de linguas e dixitais, somos centro plurilingüe (plástica en inglés, este curso de 1º a 3º), participamos en seccións bilingües (plástica en inglés, 4º a 6º) e o programa e-dixgal (libros electrónicos en 5º e 6º).

Tratase dunha estadía para 25 alumnos de 6º do noso centro (convivirán con 100 alumnos máis) durante unha semana (no noso caso será do 1 ao 7 de outubro) nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de internado.

A Conselleía de Educación  dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030 (EDUlingüe) tenta ofrecer un novo impulso cualitativo e cuantitativo ao ensino en linguas estranxeiras e así favorecer unha maior adquisición de destrezas lingüísticas por parte do alumnado. O programa procurará a inmersión en lingua inglesa do alumnado de xeito que lle permita desenvolver nunha contorna real a súa comunicación mediante actividades do ámbito dixital.

Durante esta estadía se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa co obxectivo da mellora da competencia en lingua inglesa a través de actividades dixitais, así como actividades complementarias que promovan a actividade física e a socialización.

O martes 19 de setembro ás 5 da tarde na biblioteca do centro temos convocada unha reunión coas familias de 6º, para informar con mais detalle sobre a participación neste programa.

DOCUMENTACION

Resolución do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Resolución definitiva

LISTAS DE MATERIAL

ADXUNTAMOS AS LISTAS DE MATERIAL. AS DE 4º E 6º NON ESTÁN PORQUE AS TITORAS PREFIREN DALAS O PRIMEIRO DÍA E COMPROBAR O MATERIAL QUE AÍNDA TEN O ALUMNADO. SEMPRE QUE SE POIDA HAI QUE APROVEITAR O QUE TIÑAN O CURSO PASADO.

DEIXAMOS COPIA NAS LIBRERÍAS DA LOCALIDADE. 

Distribuir contido