CRIBADO AOS NENOS/AS DOS BUSES DE MONBÚS

Como xa lles informamos a coidadora do bus 0, o micro de Monbús que fai a ruta de Tarrío-Rego, deu positivo durante o fin de semana pasado. Unha vez coñecido o caso, a empresa comunicounos dita circunstancia o luns a mediodía o que puxemos en coñecemento das autoridades sanitarias. Como tamén é posible que a coidadora do bus grande de Monbús, o que fai a ruta do Castelo-Vilariño-Cabio, poida ser positivo, informan que van facer un cribado aos nenos e nenas destes autobuses. Na tarde/noite do mércores informannos que enviarán aos pais un sms para que acudan ao hospital na tarde do día 25 para facer a proba. En caso de que algun neno/a estivera no listado pero non usarao bus durante esta semana anterior, especialmente o xoves e venres non faría falta acudir. Se algunha familia que sexa usuaria do bus non recibira a mensaxe pode poñerse en contacto co hospital.