AXUDAS LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO

Publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para alumnado de EP para o curso escolar 2018/19

A presente orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto:

         1.         

A participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º.

         2.         

As axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º

         3.         

As axudas para adquirir material escolar en toda Primaria.

1.   

O centro asignará libros de texto do fondo solidario (de 3º a 6º), ao alumnado que o solicita do seguinte xeito: Por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Esgotados os libros dispoñibles do fondo solidario o centro adquirirá libros complementarios para garantir:

  •      Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros.
  •       Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 4 libros
  •      Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou con discapacidade igual ou superior ao 65 %: 6 libros.

 

2.   

Contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º:

       

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.

       

Alumnado con renda superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

       

Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 € con independencia da renda.

3.   

Contía da axuda para adquirir material escolar: destinado a alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € ou   cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será de 50 €.

Cálculo da Renda per cápita. A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda1 da unidade familiar (a suma das rendas dos membros con ingresos) do exercicio fiscal 2016 entre o número de membros computables. Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou acrediten unha pensión por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.

1Si presentou declaración no exercicio 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a do aforro (recadro 405);cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos.

Non terá a consideración de membro computable:  a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

Devolución dos libros de texto do curso 2017/18. Obrigas:

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario no presente ano académico deberán devolver os libros ao rematar o curso (O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2018). A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros para o curso 2018/19.

A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

O prazo para presentarsolicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde, 23 de maio,  e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Achegarase a seguinte documentación: copia do libro de familia onde consten todos os membros computables (nos casos en que non teñan libro, sentencia xudicial, volante de convivencia, ou certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar).