MAGOSTO
Enviado por bandaseca o Ven, 07/11/2014 - 14:16
O luns 10 de novembro pola tarde, dentro do horaio escolar, temos organizada, en colaboración coa ANPA, a celebración do MAGOSTO. Dende a ANPA se solicita que todos os nenos traian unhas dez castañas xa preparadas para asar.
Primeiro realizaremos unha serie de xogos populares cos nenos e finalmente unha media hora antes de sair se degustarán as castañas. Igual que en anos anteriores os pais poden asistir. É importante recordar que unha vez remate a festa os nenos teñen que subir ñas clases e que non se poden ir cos pais antes da hora.