Skip to Content

biblioteca

25N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ainda que sabemos que debemos educar en igualdade durante todo o ano, hai datas que aínda cómpre sinalar no calendario como é o 25 de novembro: Día contra a Violencia Machista. Por iso, deixamos aquí o enlace ao programa "Construimos igualdade" levado a cabo polo CIM do Concello de Muros. É un material moi atractivo e didáctico que nos será de gran utilidade nas aulas.

MAGOSTO 2023

Cain as follas…

sinto unha cousa

que se apousa en min e non me toca…

E chove pra que eu soñe

pra que eu soñe,

fala a tarde baixiño.

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

 

 PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AOS RECURSOS DA PÁXINA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

SAMAÍN 2023

Pasámolo de medo celebrando o Samaín! Preme nesta imaxe para poder ver a exposición de cabazas coa luz acendida... Agora atrévete a entrar na escuridade....

VISITA XEA

O pasado luns tivemos a visita de XEA, empresa dedicada a xestionar de xeito ético o problema do abandono animal e coa que colabora o noso concello.

Tivemos unha charla moi interesante onde nos explicaron como achegarnos de forma segura a un animal que non coñecemos e faláronnos de como realizar unha adopción garantindo as mellores condicións para os animais. Quedounos moi claro que adoptar unha mascota é algo que implica unha gran responsabilidade polo que hai que valoralo moi ben antes de facelo. Ademais, tivemos a oportunidade de poñerlle o nome a dous cachorriños encantadores. Foi unha experiencia moi bonita e enriquecedora!

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023

Hoxe, para celebrar o Día das Bibliotecas, inauguramos o espazo da nova biblioteca escolar.

 Estamos emocionadísimos pensando no bonita e confortable que nos vai a quedar!    

Para a inauguración, tivemos a visita de dúas "singulares" representantes das Nacións Unidas

que viñeron expresamente dende Bruxelas para nos

presentar  ProxectoDocumental Integrado (PDI)

que levaremos a cabo durante este curso.  Falaron dos

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables (ODS), da Axenda 2030 e animáronnos a

investigar todo isto dende unha  perspectiva municipal.

O PDI levará por nome: AMARE MUROS e xa estamos preparados/as para empezar.

 

 

 

 

ARRANCAMOS OS CLUBS DE LECTURA!

VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Esta semana xa empezaron a  funcionar na biblio os equipos  de VOLUNTARIADO. Se precisades  que vos axuden a buscar algún libro, que vos fagan o empréstito/devolución dos fondos ou simplemente que vos recomenden algo para ler, non dubidedes en preguntarlles e estarán encantados/as de poder axudarvos.

Deixamos aquí unha fotiño de un dos grupos do noso preciado voluntariado.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

INICIO DAS TARDES DE BIBLIO

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut