Queremos dende aquí darlle as grazas a Inés Martínez Sambade, muller científica e exalumna do noso cole, pola marabillosa conferencia que nos deu onte para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Hoxe queremos celebrar o Día Mundial da Radio que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ.
Gustarianos tamén divulgar esta composición realizada para Ponte...nas ondas! por artistas da lusofonia:
E ao mesmo tempo compartimos o programa de radio realizado polo noso alumnado de 4º de Primaria para participar na convocatoria de Ponte..nas ondas! publicado no portal web ESCOLAS NAS ONDAS(http://escolasnasondas.com/)
Xa está aquí o ENTROIDO e con el chegan: os mandados do Facundo, o concurso de murgas, o tradicional desfile e a chocolatada. Agardamos que o tempo nos permita celebralo todo no exterior, para poder lucir os nosos disfraces e enxeño diante das familias.
Quedan aquí os mandados do Facundo da vinveira semana para que vos vaiades preparando.