Guía de Lectura Nadal 2022/2023

Un ano máis, as bibliotecas dos centros escolares de Ames recoméndannos entretidas lecturas para que non nos aburramos durante estas festas. Bo Nadal!

Guía de Nadal

 

 

PLANS E PROXECTOS

NOVIDADES DE VENTÍN

AXUDAS RECOLLIDA VALE

XOGOS POPULARES DE ANTAÑO

Acabouse o día e alá foi a romaría... que ben o pasamos desfrutando dos xogos populares do Concello do Grove!!!!

A Comisión de Actividades Extraescolares do centro e máis as profes de Educación Física, pensaron que sería unha boa idea recordar a que xogaban os nosos pais e nos nosos avós, con xoguetes feitos por eles mesmos con aquelo que lles ofrecía a súa contorna... reciclaban que diriamos aghora. Tiñades que vernos xogar á chave, á campá, rodando os aros... facendo as torres de carozos ou encaixando os ovos...

As nosas gracias máis expresivas á Concellaría de Xuventude do Concello do Grove pola súa iniciativa, pola súa xenerosidade de emprestar sen percibir nada a cambio e ao, xa noso amigo, Cándido. Contade con nós para vindeiros anos!!!

VENTÍN CO POLO XITANO

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN

SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO

EDUCATIVO - 04/03/2022

 

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por

parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo

Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se

elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación

máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral.

Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios

asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de

maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas

institucionalizadas (centros penitenciarios). Tendo en conta que os centros educativos

non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as

mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos

estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e

serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do

diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos

mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de

mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do

caso positivo.

En relación ao uso da plataforma EduCovid:

• Os casos confirmados seguirán rexistrándose en EduCovid

• Os contactos estreitos do ámbito educativo NON se identificarán, polo que

non se rexistrarán no EduCovid

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días

lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos

estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste

acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e

pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do

7/3/22:

https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivascontactos-

estreitos

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

PRAZO: 1-21 marzo

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  •  Anexo II: ED550B (poden coller e entregar o formulario na secretaría do centro ou facer o trámite a través da aplicación «admisiónalumando»)
  •  Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
    (copia libro de familia)
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, agás en caso de divorcio ou separación, na que se require a sinatura dos dous titulares (excepto que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero).

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO

1º Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril.

2º As definitivas antes do 15 de maio.

3º E os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

4º A Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación

Resumo emprego máscaras no centro educativo

Estimadas familias:

Ante a novidade do recreo sen máscara, facémoslles chegar as seguintes suxestións:

-          No recreo non é obrigatorio o uso da máscara, pero a nena ou neno que a queira seguir usando pódeo facer.

-          É obrigatorio o uso da máscara no interior do centro e nos desprazamentos: saída aos baños, aula de música, pavillóns deportivos…

-          É obrigatorio o seu uso no transporte escolar.

-          Medidas que debemos ter en conta:

-          Repasar con eles cando debemos quitar e poñer a máscara:

o   Poden quitala ao saír ao recreo.

o   Teñen que poñela ao entrar de novo ao centro, ao soar o timbre para entrar do recreo.

o   Deben responsabilizarse do seu coidado, de non deixala tirada… Traer unha bolsiña pequena, un estoxo,… para gardala.

-          Traer unha máscara de reposto.

No centro seguiremos aplicando o resto de medidas de prevención: grupos burbulla, ventilación, limpeza, uso de hidroxel.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

Un saúdo.

Alfredo Rodríguez Rodríguez

Distribuir contido