21 DÍAS CO GALEGO

              O proxecto Modo galego, actívao! contemplou dende o principio facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego e +. A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos de educación infantil e primaria decidimos facer colaborativamente unha versión adaptada na que todas as escolas do concello puidesen participar.

       O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.

Como no programa de referencia, a experiencia artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. 

Se fas clic na imaxe, poderas coñecer máis sobre este proxecto.