ACLARACIÓNS SOBRE A XESTIÓN EPIDEMIOLÓXICA EN CENTROS EDUCATIVOS. XANEIRO 2022

Para máis información clicade na imaxe.

PROTOCOLO COVID ACTUALIZADO PUBLICADO POLA CONSELLERÍA (14-1-2022)

PROTOCOLO COVID ACTUALIZADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 

CON DATA (14-1-2022)

 

Prema no seguinte enlace para acceder a dito documento

 https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Protocolos-vixilancia-control-epidemioloxico-COVID19-ambito-educativo-non-universitario

ADAPTACIÓN DA GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE A APARICIÓN DE CASOS DE COVID-19 EN CENTROS EDUCATIVOS

Novos protocolos de xestión epidemiolóxica en centros educativos.

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

 As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

Nin o alumnado,nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

 Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

• A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

• Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

• Os centros de educación especial considéranse contornos vulnerables e aplícaselles o indicado na Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control.

BO NADAL E FELIZ ANO 2022

Dende o CEIP Plurilingüe de Ventín agardamos que este novo 2022 traia un ano de saúde e felicidade.

 

BO NADAL DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O alumnado do 1º ciclo elaborou unhas postais da cal a elexida foi....

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021

TIN, a nosa mascota da biblio,                           

                               

deséxavos Felices Festas.         

E deixavos unhas recomendacións de lectura

 para que desfrutedes moito destas vacacións.

 

 

 

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Estimadas familias:

  No Diario Oficial de Galicia do pasado venres (DOG Núm. 218 – venres, 12 de novembro de 2021) saíu publicada a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento  de  distribución  de  máscaras  entre  o  alumnado  matriculado  en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). 

  As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €. Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

 

SOLICITUDES:

-         

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar neste curso 2021/2022.

-         

TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar que cumpra algunha das seguintes condicións:

-Pertenza a unha familia cunha renda per capita inferior a 6.000 €.

-Alumnado matriculado en educación especial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

O prazo remata o día 26 de novembro de 2021.

 

 

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido:

1.- Rebeca Piñeiro López

         Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de catro que debe ter o Consello Escolar.

            Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 ou por ser un deles proposto pola ANPA. As votacións no sector pais/nais serán o luns 22 de novembro de 09:30h a 18:00h.

            Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 21 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

CONTOS POLA IGUALDADE

Dende a ANPA, queren compartir coas familias un par de contos para ler e seguir afondando nas actividades para a Igualdade que desempeñaron estas dúas semanas o noso alumnado. 

 

OS BOLECHAS POLA IGUALDADE

Distribuir contido