ENQUISA DE CONVIVENCIA

A Consellería de Educación está pasando unha enquisa de diagnose de convivencia en todos os centros escolares de Galicia. As enquisas van destinadas ás familias, ao alumnado de 5º e 6º, ao persoal non docente e ao profesorado.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta en liña anónima. A aplicación estará aberta ata o día 29 de abril na seguinte dirección de Internet:

https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Cada familia só pode encher unha enquisa, independentemente do número de fillas e fillos que teñan. Temos que ter coidado, porque a clave só se pode empregar unha vez, non permite gardar e continuar noutro momento.

Recordarlles a importancia da colaboración de todos nós neste tipo de iniciativas.

PROTOCOLO IDENTIDADE DE XÉNERO

Información familias alumnado de nova incorporación para o curso 2021-2022 (5 anos)

Debido ás actuais restrciccións hixiénico-sanitaria ditadas pola administración educativa por mor da situación pandémica actual, non é posible levar a cabo a tradicional xornada de portas abertas dirixida ao alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso 2021- 2022 (5 anos).

Para minimizar as eivas derivadas deste feito e favorecer o coñecemento do centro aos novos integrantes da nosa comunidade educativa, "abrimos virtualmente" as portas da nosa escola a través da seguinte galería de imaxes que presentan un pequeno esbozo dalgunhas das dependencias escolares máis significativas. Xunto a elas adxuntamos tamén unha circular informativa cos aspectos máis relevantes do tránsito a esta nova etapa.

Confiamos que este material sirva de axuda para un maior coñecemento do centro e agardamos que saiban entender as limitacións derivadas da situación pandémica actual e que impiden unha xestión directa das tradicionais visitas "presencias". Non dubiden en poñerse en contacto con nós para resolver calquera dúbida ou problema que xurda en todo este proceso.

Atentamente

O Equipo Directivo

PREMEDE NA IMAXE PARA VER A GALERÍA 

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Dependencias Escolares

HORARIOS ESPELLO PROVISIONAIS

INSTRUCIÓNS PROCEDEMENTO AXUDA DE MÁSCARAS

 

O venres 13 de novembro saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 230) a Orde da Consellería de Educación pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, neste caso de educación primaria.

 ALUMNADO DESTINATARIO:

- O alumnado que fose beneficiario de axuda para adquisición de material escolar no curso 2020/2021. NON TEN QUE PRESENTAR NINGÚN DOCUMENTO, O CENTRO XA TEN TODA A DOCUMENTACIÓN E FARÉMOSLLES CHEGAR AS MÁSCARAS AO FINALIZAR O PROCESO DE SOLICITUDE.

- Alumnado que non foi beneficiario da axuda, pero pertence a unha familia cunha renta igual ou inferior a 6.000 €. TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO(Anexo I, que poden descargar da páxina web do centro).

 PRAZO DE SOLICITUDE: do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

 

INFORMACIÓN XERAL 4º NIVEL

Distribuir contido