try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

desenvolvemento sostible

Plantación de árbores autóctonas

Hoxe estivemos plantando diante da caseta das cabuxas. Fomos todo o colexio a andar  e, unha vez arriba, organizámonos en dous grupos para plantar e visitar ás cabras. Plantamos castiñeiros, cerdeiras, carballos e un freixo. Colaboramos con Fousas ao Monte e a Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña. Emilio Saborido explicounos porque é necesario repoboar o monte con árbores autóctonas, que árbores escolleran e porque as plantabamos nesa zona de Taragoña.

Coa TVG

O martes estiveron en Campo Maneiro unha reporteira e un cámara da TVG, facendo unha reportaxe sobre os burros de Fousas ao Monte. Falaron con Emilio Saborido e quixeron que estiveramos tamén alumnado de 5º e 6º, como parte implicada no proxecto Máis ca leña. Levamos o pan que había no colexio e alí estivemos parolando coa reporteira e acariñando a Michel e Salvador. Foi divertido!

Máis ca leña

Outro dos proxectos nos que participamos este curso é Máis ca leña. É un proxecto no que o cole colabora coa Comunidade de Montes O Fieitoso de Taragoña e co colectivo veciñal Fousas ao Monte. Búscase dar a coñecer outros usos do noso monte, máis alá de plantar árbores de crecemento rápido e cortar leña.  En 5º e 6º traballamos sobre eses usos sostibles do monte e preparámonos para presentalos en visitas guiadas a área didáctica que temos en Campo Maneiro.

                                                                                           

Distribuir contido