try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Comunicados

Foliada reivindicativa no Brea Segade

A ANPA do Brea Segade, en colaboración co centro, convídavos ás familias, colectivos e persoas que queirades formar parte desta acción á foliada reivindicativa que celebraremos este venres, 27 de setembro, no xardín da escola.

Aberto o prazo de solicitude do Bono Concilia Familia

Dende hoxe, 18 de setembro, e ata o 17 de outubro, estará aberto o prazo do Bono Concilia Familia, unha axuda a aquelas familias que precisan contratar servizos de conciliación como é o caso dos campamentos de verán (sexan estes públicos ou privado

Campaña conxunta de recollida de sinaturas da ANPA Brea Segade e a ANPA Os Gudiños

Lembrámosche que dende o pasado luns 9 de setembro temos activa unha campaña de recollida de sinaturas de xeito conxunto coa ANPA Os Gudiños do CEIP ADR Castelao co fin de reclamar o mestrado necesario para as nosas escolas.

Se queres contribuír coa túa firma, os puntos de recollida de sinaturas en Taragoña son: Libraría Pazos, MercaMás Taragoña, estación de servizo Valcarce de Taragoña (Soto) e Aliprox Taragoña.

Listaxe definitiva de alumnado usuario do comedor e extraescolares

Deixamos nos ficheiros que atoparedes ao final deste artigo as listaxes definitivas de alumnado usuario de comedor e extraescolares. O contrasinal para abrilos será o mesmo ca o que se vos facilitou por abalar para as listaxes provisionais.

Podedes consultarnos calquera dúbida ou problema a través do grupo de socixs ou por correo electrónico ao enderezo anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal.

 

 

Aberta a convocatoria de axudas do concello de Rianxo para a adquisición de material escolar

Dispoñedes de 15 días hábiles dende a publicación no BOP (no día 12 de setembro), para solicitar estas axudas.
 

A ANPA dá por finalizada a iniciativa de non levar ás crianzas á escola

O luns 16 o alumnado que participou na protesta proposta pola ANPA (máis dun 95% do total) iniciará o curso con normalidade. Tamén se abrirá dende ese mesmo día o servizo de comedor (máis información no apartado Comedor e en redes sociais). Dende a ANPA agradecemos o enorme esforzo e apoio tanto das familias coma da Dirección do centro.

Seguiremos adiante coas nosas reivindicacións, coa mesma enerxía e empregando todos os medios ao noso alcance para conseguir o mestrado necesario para a escola.

A ANPA convoca PROTESTA para o venres 13 de setembro

Dende a ANPA do CEP Brea Segade convocamos para mañá, venres 13 de setembro, ás 09:30h, unha PROTESTA á que invitamos a toda aquela persoa, asociación ou entidade que empatice coa nosa situación.

NON IMOS CONSENTIR QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NOS IGNORE DESTE XEITO: SE NON NOS OEN, BERRAREMOS MÁIS. QUEREMOS MESTRXS PARA A NOSA ESCOLA!!

O 11 de setembro, as familias baleiran as aulas

 

Dende a ANPA do Brea Segade temos a intención, coa axuda das familias, de NON LEVAR AXS NENXS ÁS ESCOLA O DÍA 11 DE SETEMBRO, tanto en terceiro de primaria coma no resto de cursos.

LEMBRAMOS QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NOS DENEGOU UN/HX MESTRX DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA ATENDER O DESDOBRAMENTO DA UNIDADE DE TERCEIRO E UN/HX MESTRX DE AUDICIÓN E LINGUAXE A TEMPO COMPLETO PARA ATENDER AO ALUMNADO NEE E NEAE. 

Concentración no CEP BREA SEGADE o luns 9 de setembro ás 20:00h

A ANPA volve convocar CONCENTRACIÓN no CEP BREA SEGADE para o PRÓXIMO LUNS, DÍA 9 DE SETEMBRO, ás 20:00h, co fin demandar xs mestrxs que o alumnado do centro necesita e informar ás familias das novas actuacións que dende a ANPA propoñemos para o inicio do curso, e que pasarán por NON ENVIAR AXS NOSXS FILLXS Á ESCOLA, PORQUE SEN MESTRX NON PODE HABER CLASE.

Información sobre o Bono Concilia Familia

INFORMACIÓN SOBRE O BONO CONCILIA FAMILIA

Estamos á espera de que abra o prazo para solicitar o bono deste ano, polo que de momento descoñecemos as bases.

 

O bono solicítase á Xunta, que é quen o concede, polo que en todo caso hai que presentar a solicitude que facilite a Xunta a tal efecto cando abra o prazo, xunto coa documentación que esta determine nas súas bases. 

 

                                                                                           

Distribuir contido