Skip to Content

Recomendacións de libros para o Nadal

Biblio Golfi presenta as súas recomendacións de libros de Nadal:

 

Festival Elfo´s

Un ano mais chega un momento clave do curso. O alumnado poderá reunirse nunha xuntanza de Nadal, que sen dúbida, este curso estará adicada ao noso Elfo, que tantas "trastadas" nos fixo este mes. 

 

Tamén recibiremos á visita dos Reis Magos organizada pola ANPA Berbiriana. 

XPERIMENTANDO CON FLORES

O alumnado de 3º e 4ºEP asistiu ao obradoiro "Xperimentando con flores" na Domus. 

Cada nena/o realizou a súa propia disección de flores con todo o equipo científico que se utiliza para investigar a natureza. 

 

Eco Percussion

Un ano mais participamos no proxecto Eco Percussion organizado polo Concello da Coruña. Entre os obxectivos está o recoñecemento de materiais de refugallo que poden ser reconvertidos en instrumentos de percusión. Tamén, o de formar unha banda usando patróns rítmicos de xéneros Afrocaribeños, fermentando a coordinación, lateralidade, traballo en grupo e liderazgo.

PÁXINA DO CONCELLO ECO PERCUSSIÓN

O alumnado de 5º E.P. desfrutou moito con esta actividade. Aquí podedes ver o resultado final:

 

 

 

A radio de Zalaeta

Obra de teatro: Ninja

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria asistiu á obra de teatro Ninja, organizada polo Concello da Coruña. Unha obra lúdica e padagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade se traslada o mais importante para resolver un problema: visualizalo. 

Obra de teatro Ninja  

25 N

 

 

BLOG DE POSCAST DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 4º de educación primaria é o encargado de crear este curso escolar "A radio de Zalaeta". A mestra María é a guía que xestiona as diferentes temáticas das que se van gravando os podcast semana tras semana, nos que encontraredes as novidades mais significativas do noso centro. Non volo perdades!

 

 

Enlace ao blog:

 

Un Samaín terroríficamente divertido

Este curso para celebrar Samaín o noso Golfi propuxo 3 actividades: 

- Converter a biblioteca nunha experiencia sensorial "terroríficamente divertida" para educación primaria: 

- Unha gran exposición de manualidades elaborada polas familias. Moitísimas grazas pola vosa participación e colaboración! 


- Contacontos "terroríficamente divertidos" grazas á colaboración das familias para educación infantil e educación primaria:

 

 

INVITACIÓN Á EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DE SAMAÍN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut