Skip to Content

GUÍA PARA AS FAMILIAS SOBRE O PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Preazadas familias:

Aquí encontrarán as medidas máis relevantes de adaptación e organización do noso centro á situación Covid-19.

Premen na imáxe para ver a presentación.

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022

Prezadas familias:

Publicamos o Plan de adaptación ao contexto Covid-19 tras a súa presentación en Claustro e Consello Escolar no día de hoxe. 

Premen na imáxe para poder acceder.

  

LISTAXES DE MATERIAL

 

 

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODERÁN DESCARGAR AS LISTAXES DE MATERIAL

REUNIÓN FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Tal e como informamos por medio do correo electrónico enviado no mes de agosto a todas as familias matriculadas no curso de 4º de educación infantil para o presente curso escolar 2021-2022, as datas e horario das 3 quedas convocadas con motivo da reunión de 4º de educación infantil son as seguintes:

 

A reunión realizarase na aula de 4º de educación infantil respectando todas as medidas recollidas no Plan de adaptación á situación Covid-19.

 

A directora, Paula Díaz Gato.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ENTREGA DE VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL E OS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

 

 

HORARIO DE ENTREGA DE VALES E LIBROS DO FONDO SOLIDARIO 

As familias beneficiarias do vale para adquisición de libros de texto e material escolar, así coma do fondo solidario de libros de texto que non pasaran a recollelos no mes de xullo, poden acceder ao centro no seguinte horario:

XOVES 2

VENRES 3

LUNS 6

MARTES 7

MÉRCORES 8

 

9.00-13.00

 

PDI "Coñecendo a ruta dos faros"

ALERTA! GOLFI TEN ALGO QUE CONTARVOS

Vistes no blog da biblio o resumo do voso traballo de investigación do PDI “Descubrindo a ruta dos faros”?

BIBLIOGOLFI

 

Que gran traballo! Parabéns! 

Se queredes ensinar as vosas familias todo o proceso deste traballo de investigación, aquí na páxina web, na barra lateral dereita, tedes os vídeos nos que se resumen todas as fases do PDI.

E con este vídeo do produto final, despedimos un ano diferente, atípico pero no que estivemos máis unidos que nunca.

 

Grazas peques, familias, mestres pola vosa implicación e colaboración.  

 

FELIZ VERÁN!

 

 

Coñecendo o entorno da Torre de Hércules

 

 

 

 

 

 

 

 

Pasámolo en grande na visita á Torre de Hércules organizada polo Concello de A Coruña. 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

Fondo de libros:

- Xa poden consultar a listaxe definitiva a través de:

  •          Taboleiro de anuncios do centro (en horario de 10.00-13.00)

Vales de libros e material:

- Xa poden consultar a resolución definitiva relativa a súa solicitude a través de:

        - https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
        - Chamando ao centro, dado que a listaxe contén datos de carácter persoal e non se pode publicar  no taboleiro de anuncios do centro.

HORARIO DE ENTREGA DE VALES DE TODOS OS CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E LIBROS DO FONDO SOAMENTE PARA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

MÉRCORES

7

XOVES

8

VENRES

9

LUNS

12

MARTES

13

En horario de 10:00 a 12:30 h.

 

Os libros do fondo correspondentes ao curso de 3º de educación primaria entregaranse en setembro.
 

A directora, Paula Díaz Gato.

BECAS DE COMEDOR MUNICIPAIS

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2021-20220

Hoxe 02 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.

Pódense consultar en:

-Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&id=13610-

- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/

 

Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxae do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

 

En canto ao fondo de libros:

- Xa poden consultar a listaxe provisional a través de:

  •          Taboleiro de anuncios do centro (en horario de 10.00-13.00)

En canto aos vales de libros e material:

- Xa poden consultar a información relativa a súa solicitude a través de:

        - https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
        - Chamando ao centro, dado que a listaxe contén datos de carácter persoal e non se pode publicar  no taboleiro de anuncios do centro.

Seguindo a lexislación vixente teñen dous días para a reclamación das listaxes provisionais.

Un saúdo,

A directora, Paula Díaz Gato.

Distribuir contido


by Dr. Radut