Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

ENTRADA PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Comezamos!!!!!!

Todo o alumnado, excepto 4º de infantil que está no período de adaptación e comezará a usar os servizos a partir do luns 18 de setembro, comezará o día 11 de setembro no horario habitual de 9:00 a 14:00.

 

Como serán as entradas?

ALUMNADO DE INFANTIL ( 5ºEI e 6ºEI)

 O alumnado transportado entrará polas portas de acceso de abaixo (pegada ao comedor) cando sexa chamado e acompañado pola mestra de garda nese momento.

As titoras recibirán ao alumnado na aula.

O alumnado de familias entrará pola porta principal dentro do recinto escolar, sendo recollido pola mestra de garda nese momento que o achegará ata a aula que lle corresponda.

 

ALUMNADO DE PRIMARIA

Todos os grupos serán chamados por megafonía. Iniciarase o chamamento polos maiores, sendo o alumnado de sexto os primeiros en entrar e os de primeiro os últimos.

O alumnado transportado entrará polas portas de acceso de abaixo cando sexa chamado e acompañado pola persoa titora do nivel que está cursando ata a aula que lle corresponda.

O alumnado de familias entrará pola porta de acceso principal (exterior do recinto escolar) cando sexa chamado e acompañado pola persoa titora do nivel que está cursando ata a aula que lle corresponda.

 

AVISO: no caso de perder o transporte escolar o alumnado entrará pola porta de arriba como alumnado acompañado por familias.

 

AVISO: Os primeiros días o alumnado achegará o material escolar en bolsa pechada co seu nome. Pode facelo repartido en varios días ou achegalo o martes pola tarde en horario de titoría de 18:30 a 19:30h.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut