Skip to Content

Novas en prensa

Madriñas e Padriños. Día do Libro.

Con motivo do Día do Libro, celebramos a actividade de Madriñas e Padriños onde os nenos e nenas maiores len un conto aos máis pequenos.

Foto: El Progreso, venres 24 de abril de 2015

Visita de dúas profesoras belgas ao noso colexio.

Dende o 15 ao 22 de abril estiveron con nós Greet Snoekx e Lieve Willems, dúas profesoras belgas.

 Foto: El Progreso, mércores 22 de abril de 2015

 

 

Dia da Árbore

O colexio celebrou o Día da árbore coa plantación dun acivro.

O alumnado do centro participou no concurso organizado polas monitoras de Gaia que consistía en averiguar, mediante unhas pistas o nome dunha árbore. A clase gañadora foi 5ºB  e polo tanto a que participou na plantación da árbore.

                       Foto: El Progreso. Viernes 20 de marzo de 2015

Intercambio Xeracional

Alumnado do CEIP Vista Alegre participa un ano máis nunha actividade interxeracional cos usuarios da residencia de maiores de Burela. Ler máis.... (ano 2013)

A ANPA publicou no seu Facebook fotos desta actividade emotiva no que nenos e maiores compartiron panxoliñas, merenda e unha experiencia inolvidable....o pasad 17 de decembro. Ver aquí as fotos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut