Idioma estranxeiro
LINGUA INGLESA EN EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA. (Actividades durante o peche).
Ola a todos:
Esta semana non haberá máis tarefas, porque xa repasamos todos os temas do curso.
Dedicareina para facer as medias, os informes individualizados e a finais de semana recibiredes as notas.
Foi un pracer compartir telemáticamente con todos o tercer trimestre.
Aínda que o traballo non nos faltou, nin a vos, nin a mín... en conxunto podo dicir que estivéchedes á altura das circunstancias.
Espero veros pronto e igual de animosos que sempre...ou máis aínda, despois deste forzoso confinamento, no que supoño pensaríades en moitas cousas…
Un abrazo e feliz desescalada.
Pilar García.
Estimadas familias:
Saúdos e desexarvos que estes días de encerro non estean a ser demasiado duros. Sabemos que tedes fillos na casa durante moito tempo e polo tanto cremos que é preciso enviarvos unha serie de actividades e rutinas que volo faciliten e ao mesmo tempo non perder o costume de facer algunha tarefa todos os días. Estas tarefas son voluntarias xa que sabemos que non todas as familias teñen a mesma dispoñibilidade.
Tede presente que isto é novo para nós e cando traballamos desde casa todo é máis complicado.
NOVAS TAREFAS
Facendo click no teu curso, poderás ver unha serie de actividades.
Cada semana irei indicando cales tes que facer e cando as remates, as enviarás, como xa falamos, ao meu e-mail ou por wasap. Se facedes foto, que se lle vexa o número da páxina.
ÁNIMO que xa queda menos...estamos chegando a META!
|
https://www.youtube.com/watch?v=l5w2mPdaNVcps://www
Educación Infantil
EXERCICIOS PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA
https://eduteach.es/preschool/activities-exercises.html
Educación Primaria
Exercicios de vocabulario e expresións que se viron na aula (abriráse una páxina de benvida, clicade na flecha e logo en NAME poñede o voso NOME e en SURNAME o primeiro APELIDO , de novo noutra flechiña e listo). Ao lado de cada libriño aparecen os datos de usuario e a contraseña que necesitaredes antes de iniciar a sesión.
Username= macmillancds; Password= macmillan
http://cds.macmillan.es/bugs/level_2/bugs_cd2.htm
NOVAS TAREFAS
Username= macmillancds; Password= macmillan
http://cds.macmillan.es/bugs/level_4/bugs_cd4.htm
NOVAS TAREFAS
Username= macmillancds; Password= macmillan
http://cds.macmillan.es/bugs/level_6/bugs_cd6.htm
NOVAS TAREFAS
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP), en colaboración coa Radio Televisión Española (RTVE), puxo en marcha esta mañá o programa educativo "Aprendemos en casa" (Clan TV / La 2 de TVE), un programa dirixido aos nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que imparte contidos de matemáticas, ciencias sociais, educación artística e/ou educación física, lingua castelá e idiomas e ciencias naturais.
A continuación podedes consultar na seguinte táboa a súa programación:
Xogo para aprender a ler en inglés
Learn to read é un xogo de Starfall para aprender a ler inglés para Educación Infantil e Primaria
Xogos divertidos en inglés
Xoga e aprende inglés con estos xogos:
Goldilocks and the three bears
Neste enlace poderemos escoitar e ver o seguinte conto: Goldilocks and the three bears