Segundo o Artigo 30 do Decreto 92/88 e a redacción dada polo Decreto 324/94 (DOG do 9 de agosto), o vindeiro día 16 de outubro (venres), ás 12:00 horas na sala de mestres do edificio de Covadonga, procederase ao sorteo público para designar aos membros da Xunta Electoral que guiarán o proceso de Elección de Representantes para o Consello Escolar, no cal neste curso, toca renovación parcial.
Esta Xunta Electoral estará conformada pola Directora do centro como presidenta, por un mestre/a, por un pai/nai/titor e por un membro do persoal de administración e servizos, así como os seus suplentes por cada sector.
A primeira das funcións desta Xunta será establecer un calendario de actuacións neste proceso que se desenvolverá ata o mes de decembro, data na que se constituirá o novo Consello Escolar.
Unha vez constituída a Xunta, mandarase información sobre os seguintes pasos do proceso.
A Dirección